RCD / NOVAS

Primeiro adestramento do Dépor en Los Ángeles de San Rafael

13/09/2018 20:49

O Dépor, con todo o seu cadro e os 3 fabrilistas (Álex Cobo, Víctor e Javi Cobo), adestráronse esta tarde no complexo de Los Ángeles de San Rafael, onde chegou o equipo por estrada procedente de Zaragoza pasadas as 14:00 horas.

Sobre o céspede non estiveron Borja Valle nin Dubarbier, este á espera de probas médicas do sábado na Coruña, foron as dúas ausencias. Ambos tiveron tratamento médico e de fisioterapia.

Pola súa banda, Quique González adestrouse co readaptador, Fran Molano.

Para os que actuaron onte de inicio na Romareda (Ortolá, Gerard, Somma, Bóveda, Mosquera, Edu Expósito, Krohn-Dehli, Víctor, Carles Gil e Cartabia), ademais de Christian Santos, que chegou a Madrid este mediodía procedente da concentración de Venezuela, houbo recuperación: carreira continua, estiramentos e, de regreso no hotel, baño de frío.

Para o resto de xogadores, o adestramento foi normal, cun quecemento, un exercicio de posesión e, para concluír, fútbol en espazo reducido, de alta intensidade. Pablo Marí, cunha gastroenterite, traballou a menor ritmo.