RCD / NOVAS

Primeiro amigable para o Fabril, este sábado 26 en Carballo

21/09/2020 16:47

O Fabril de Juan Carlos Valerón disputará o seu primeiro amigable de pretemporada o vindeiro sábado 26 de setembro. Será no campo das Eiroas de Carballo ante o Bergantiños FC a partir das 11:00 horas.

O filial deportivista arrincará a liga no subrupo A de Terceira División o próximo 17 ou 18 de outubro. Este xoves 24 de setembro procederase ao sorteo do calendario nos locais da Federación Galega de Fútbol.