RCD / NOVAS

Primeiro partido mañá venres para Kika, Gaby e Michelle Romero fronte a Paraguai

03/10/2019 11:15

As tres xogadoras venezolanas do Deportivo ABANCA, Kika Moreno, Gaby García e Michelle Romero, foron convocadas polo seleccionador absoluto do seu país, José Catoya, para disputar dous encontros ante o combinado nacional de Paraguai neste parón ligueiro na Primera Iberdrola. Ambos serán no Centro Nacional de Alto Rendemento de Fútbol Feminino Evelio Hernández na localidade de San Felipe, no Estado Yaracuy

O primeiro deles será mañá venres 4 de outubro (16:00 hora local, 21:00 horas na Coruña); e o segundo o martes 8 (17:00 hora local, 22:00 horas na Coruña).

Esta convocatoria non afecta a ningún encontro do Deportivo ABANCA ao ser datas FIFA. O equipo branquiazul, trala histórica vitoria en Lezama do pasado domingo ante o Athletic Club, na que Gaby ademais anotou un dos tantos, recibirá a continuación en Abegondo ao Rayo Vallecano a fin de semana do 13 de outubro.