RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Primeiro partido para Teresa Abelleira con España sub-19, mañá mércores en Santiago

Teresa Abelleira está convocada coa selección española sub-19 para un Mini Torneo Elite no Estadio Vero Boquete San Lázaro (Santiago de Compostela), até o 9 de abril.

Todos os partidos son gratis, pero os afeccionados deben pasar previamente polo despacho de billetes para retirar a súa entrada, condición indispensable para acceder ao estadio, tal e como recolle a regulamentación UEFA.

España debuta mañá mércores 3 de abril, ás 18:30 fronte a Serbia.

O calendario completo de partidos da selección española é o seguinte:

Mércores 3 de abril
18:30: ESPAÑA - SERBIA

Sábado 6 de abril
18:30: ESPAÑA - HUNGRÍA

Martes 9 de abril
18:30: REPÚBLICA DE IRLANDA - ESPAÑA

Por este motivo, Teresa Abelleira será baixa o vindeiro domingo 7 de abril (16:00 horas) no partido correspondente á 3ª xornada no grupo 1º da Copa Galicia de Segunda División Nacional no campo de Santa Isabel de Santiago ante o Victoria FC.

A capitá branquiazul é unha das internacionais españolas coas que conta o Deportivo ABANCA, do mesmo xeito que Nuria Rábano, Malena Mieres e Carlota, esta última do Deportivo ABANCA B.