RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Primeiro triunfo do Cadete B na liga Galega á conta da SD Ribadeo

O Cadete B conseguiu hoxe martes 30 de marzo o seu primeiro triunfo no subgrupo A norte da liga Galega ao derrotar (0-5) á SD Ribadeo no campo Pepe Barrera da citada localidade lucense.

José Rey -2-, Marco Baña, David Domínguez e Álex Delgado foron os goleadores branquiazuis.

Así pois, con este resultado, o conxunto deportivista suma os seus tres primeiros puntos posto que o venres pasado arrincou a competición con derrota en Abegondo (2-3) ante o CD Lugo B.

Cadete B: Unai, Javi Casanova, Óscar, Adrián, Monteagudo, Noe, Álex Delgado, Marco Baña, David Domínguez, Samuel Vázquez e José Rey. Tamén xogaron: Rodrigo, Samuel Fernández, Antonio Souto, David Carballo e Martín.

Na próxima xornada que se celebra esta fin de semana o Cadete B descansa.

Os resultados do Cadete B neste subgrupo son os seguintes:

Cadete B 2 (Óscar e Javi Casanova) - CD Lugo B 3
SD Ribadeo 0 - Cadete B 5 (José Rey -2-, Marco Baña, David Domínguez e Álex Delgado)