RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Primeiro triunfo do Cadete na Segunda Fase polo Título da División de Honra

O Cadete arrancou esta fin de semana con triunfo (2-0) en Abegondo ante o Pabellón Ourense CF a Segunda Fase polo Título da División de Honra.

Noé foi o autor dos dous tantos branquiazuis, un en cada tempo.

Cadete: Yago Moreira, Diego Miranda, Hugo Torres, Adrián Vázquez, Lucas Taibo, Dani Estévez, Guerrero, Noé, Jorge García, Manu Ferreiro e Pablo Parada. Tamén xogaron: David Carballo, Jaime Calviño, Oreiro e Mesfin.

O formato é de liga a dobre volta pero só contra o catro equipos clasificados do subgrupo B. Así pois, RC Celta, CD Conxo Santiago, ED Val Miñor Nigrán e Pabellón Ourense CF serán os rivais do equipo que prepara Darío Cotelo.

O primeiro de cada subgrupo da Primeira Fase, Dépor no A e RC Celta no B, iniciaron esta segunda parte da competición con cinco puntos; os segundos con tres; os terceiros con dous; e os cuartos clasificados cun punto.

Ao concluír, os catro primeiros xogarán as semifinais, a partido único en casa do mellor clasificado. A final será nunha sede que ditaminará a Federación Galega.

A próxima fin de semana, o Cadete visitará ao ED Val Miñor Nigrán na 2ª xornada.