RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Primeiros partidos hoxe venres para #ANOSACANTEIRA en Ponferrada e Azpeitia

Nova fin de semana con varios torneos amigables en #ANOSACANTEIRA.

Hai citas desde hoxe venres 24 en Ponferrada (Orzán SD Xuvenil Feminino e Infantil), Azpeitia (Alevín A), Pforzheim, en Alemaña (Fabril FC Alevín), Vigo (Benxamín A) e Burela (Fabril FC Benxamín).

O Infantil xogou dous partidos no Torneo Internacional Centenario da SD Ponferradina

O Infantil (foto principal), que onte se proclamou campión galego, cóase nos actos de celebración do centenario da SD Ponferradina. Así, os branquiazuis participan no I Torneo Internacional Centenario que se xoga no campo Vicente del Bosque de Ponferrada.

O conxunto deportivista quedou encadrado no grupo B coa SD Ponferradina, o ENPPI Club exipcio e o Club Atlético Bembibre.

Hoxe venres, o Infantil empatou (0-0) cos exipcios do ENPPI e caeu (1-2) ante os anfitrións, a SD Ponferradina.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Venres 24 de xuño
ENPPI CLUB 0 - INFANTIL 0
INFANTIL 1 (Lucas) - SD PONFERRADINA 2

Sábado 25 de xuño
12:50: INFANTIL - ATLÉTICO BEMBIBRE

Os dous primeiros de grupo e os dous mellores segundos dos tres grupos pasan a cuartos de final, que se xogan o sábado a partir das 17:20 horas.

O Alevín A empeza con bo pé a Azpeitia Cup

O Alevín A atópase esta fin de semana na Azpeitia Cup, con Levante UD, Getafe CF, CD Primer Toque, Antiguoko KE e CD Anaitasuna como rivais iniciais.

Esta tarde, no primeiro partido, os branquiazuis derrotaron (0-1) ao Antiguoko KE cun gol de Sergio. Mañá sábado xógase o resto da Primeira Fase.

O calendario do equipo deportivista, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Primeira Fase
Venres 24 de xuño
ANTIGUOKO KE 0 - ALEVÍN A 1 (Sergio)

Sábado 25 de xuño
10:00: ALEVÍN A - LEVANTE UD
11:30: ALEVÍN A - CD ANAITASUNA
17:00: ALEVÍN A - GETAFE CF
19:00: ALEVÍN A - CD PRIMER TOQUE

Os dous primeiros de grupo pasan á Fase polo Título mentres que o terceiro e cuarto xogan unha Fase de Consolación, todo iso o domingo 26 a partir das 9:00 horas.

O Dépor regresa a Alemaña, esta vez co Fabril FC Alevín

O Deportivo regresa a Alemaña. Se hai uns días o Fabril FC Benxamín disputou varios torneos en Colonia, agora o Fabril FC Alevín competirá mañá sábado 25 de xuño na localidade de Pforzheim no André Schürrle Trophy 2022.

O conxunto fabrilista quedou encadrado no grupo 6 da Primeira Fase co SGV Freiberg, TSF Ditzingen, Eintracht Frankfurt e SpVgg Darlach-Aue.

O calendario de partidos, todos eles de 15 minutos de duración, é o seguinte:
Primeira Fase
13:47: FABRIL FC ALEVÍN - SPVGG DARLACH-AUE
14:21: EINTRACHT FRANKFURT - FABRIL FC ALEVÍN
14:55: TSF DITZINGEN - FABRIL FC ALEVÍN
15:29: FABRIL FC ALEVÍN - SGV FREIBERG

Segundo clasificación, os equipos accederán despois a unha segunda fase.

A organización modificou o calendario do Torneo Talleres Castiñeira, no que participa o Benxamín A

A organización modificou o calendario da XIV edición do Torneo Internacional Talleres Castiñeira, que se disputa mañá sábado 25 de xuño organizado polo Coruxo FC no campo do Vao (Vigo).

O Coruxo FC, Escuela Denis Suárez, Pabellón Ourense CF e Rápido de Pereiró FC serán finalmente os rivais dos branquiazuis.

O calendario do Benxamín A é o seguinte:

Primeira Fase
12:30: BENXAMÍN A - ESCOLA DENIS SUÁREZ
14:00: BENXAMÍN A - CORUXO FC
16:00: PABELLÓN OURENSE CF - BENXAMÍN A
17:30: RÁPIDO DE PEREIRÓ FC - BENXAMÍN A

Os catro primeiros do grupo acceden a cuartos de final, que empezan ás 18:30 horas.

A Marosa Cup, obxectivo do Fabril FC Benxamín

A VI edición da Marosa Cup de Burela será o novo obxectivo do Fabril FC Benxamín mañá sábado 25 de xuño.

Os fabrilistas teñen como rivais iniciais no grupo A a SD Viveiro, Racing Villalbés e SCD Milagrosa A.

O calendario de partidos é o seguinte:

11:45: FABRIL FC BENXAMÍN - SCD MILAGROSA A
13:00: SD VIVEIRO - FABRIL FC BENXAMÍN
17:35: FABRIL FC BENXAMÍN - RACING VILLALBÉS

O primeiro de grupo así como o mellor segundo dos tres grupos pasarán a semifinais, que arrancarán ás 18:30 horas.

O Orzán SD Xuvenil Feminino, convidado ao I Torneo Cidade de Ponferrada

O Orzán SD Xuvenil Feminino participa este domingo 26 de xuño na 1º edición do Torneo Cidade de Ponferrada, que se disputa nas Instalacións Municipais Ramón Martínez.

O rival en semifinais será o CD Olímpico de León. O gañador xogará a final ante o vencedor do outro encontro que xogarán a SD Ponferradina e o Atlético Trobajo. Os perdedores pelexarán polo bronce na final de consolación.

O calendario é o seguinte:

Domingo 26 de xuño
Semifinal
11:00: CD OLÍMPICO DE LEÓN - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO