RCD / NOVAS

Proba de lume superada para o Infantil A en Bertamiráns

02/02/2020 12:50

O Infantil A superou no Municipal de Bertamiráns (1-2) unha auténtica proba de lume, con motivo da 3ª xornada na Fase polo Título da Liga Galega.

O conxunto deportivista, apoiado no olfacto goleador de Jorge García, autor dos 2 tantos branquiazuis, sacou adiante un partido ante un rival de entidade, que xa estivo no grupo de cabeza na primeira parte da competición.

Con este marcador, o Infantil A sitúase na cabeza da táboa con 9 puntos de 9 posibles, os mesmos que o RC Celta e o CD Lugo.

Infantil A: Román, Ayana, Zoe, Lucas, Oreiro, Úbeda, Dani Estévez, Pablo Parada, Juan, Jorge García e Mesfin. Tamén xogaron: Hugo Torres, Samuel, Noe e Guerrero.

A próxima fin de semana, o Infantil A recibe en Abegondo ao Arosa SC.

Os resultados do Infantil A nesta Fase polo Título son os seguintes:

ED Val Miñor Nigrán 0 - Infantil A 5 (Mesfin -2-, Jorge García, Lucas e Samuel)
Infantil A 4 (Jorge García, Juan Barros, Dani Estévez e Javi Pita) - UD Santa Mariña 0
Bertamiráns FC 1 - Infantil A 2 (Jorge García -2-)