Os Servizos Médicos do Deportivo teñen previsto para mañana martes realizar unha proba médica complementaria a Ze Castro. Sería á primeira hora da mañana no Hospital USP Santa Teresa.
O central portugués viuse obrigado a pedir o cambio na segunda metade do partido ante o Guadalaxara en Riazor. Unha primeira exploración médica no vestiario ditaminou unha contractura no bíceps femoral dereito.