RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Probas médicas e físicas para o primeiro equipo esta mañá en Abegondo

O Deportivo 2019-20 púxose en marcha esta mañá en Abegondo, 22 días despois do último encontro oficial.

Ás 8:30 horas, os futbolistas citados pasaron pola clínica da Cidade Deportiva para diferentes probas médicas (analítica, control de peso...)

Tralo almorzo nas instalacións habilitadas para tal fin, os xogadores branquiazuis completaron unha serie de test físicos no ximnasio, baixo a supervisión dos preparadores físicos.

Pola tarde, ás 18:30 horas, Juan Antonio Anquela dirixirá xa sobre o céspede o primeiro adestramento.