RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Próxima parada do Dépor, o mércores 25 en Carballo fronte ao Bergantiños

Tralo debut de pretemporada ante o Fabril, o Dépor terá a próxima cita de pretemporada co partido que lle vai a enfrontar ao Bergantiños nas Eiroas o vindeiro mércores 25 de xullo, día de Galicia e de Santiago Apostol.

O choque, que xa tivo lugar no mesmo escenario a pasada pretemporada, disputarase a partir das 20:00 horas.

Ademais, suporá a posta de longo do equipamento "Letras Galegas", o uniforme do Dépor que este ano leva o himno galego escrito sobre a banda da bandeira autonómica. Unha gran xornada para mostrar en xogo un equipamento que se estreou un 25 de xullo de hai 4 anos en Colombia fronte ao Deportivo Cali e que evolucionou cada temporada.

Calendario da pretemporada do Dépor:

Sábado 21 de xullo, Cidade Deportiva de Abegondo: Dépor 3 (Fede Cartabia, Pedro Sánchez e Carles Gil) - Fabril 1
Mércores 25 de xullo, As Eiroas, 20:00 h.: Bergantiños - Dépor
Sábado 28 de xullo, El Toralín, 20:00 h.: SD Ponferradina - Dépor
Mércores 1 de agosto, La Devesa (Bembibre), 20:00 h.: Dépor - Real Valladolid
Mércores 8 de agosto, Anxo Carro, 20:30 h.: CD Lugo - Dépor
Sábado 11 de agosto, Municipal de Foz, h.s.c.: Dépor - Real Oviedo