RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Punto e final aos torneos amigables do Alevín A e Alevín B en Alemaña e Cornellá respectivamente

Hoxe domingo foi a recta final para os torneos amigables do Alevín A e B en Alemaña e Cornellá (Barcelona) respectivamente. Unha gran experiencia formativa e deportiva para os futbolistas branquiazuis de ambos os conxuntos.

O Alevín A gana a Fase de Consolación da Fritz Eckhardt Weichnachtscup 2018 en Alemaña

O Alevín A participou na localidade de Schwelm (Alemaña) onte sábado e hoxe domingo na Fritz Eckhardt Weichnachtscup 2018.

O conxunto deportivista, após non clasificarse para a Fase Final, disputou hoxe domingo a Fase de Consolación, da que quedou campión. Ademais, Bruno foi nomeado mellor xogador e Xenxo foi o máximo goleador.

Os resultados do Alevín A de Roberto Veres foron os seguintes:

Primeira Fase
Sábado 15 de decembro
ALEVÍN A 3 (Jairo -2- e Marcos) - WUPPERTALER SV 3
VfL BOCHUM 3 - ALEVÍN A 2 (Bruno e Xenxo)
FC KÖLN 6 - ALEVÍN A 2 (Erick e Bruno)
ALEVÍN A 2 (Rubén e Bruno) - KAS EUPEN 2
HERTHA BSC 8 - ALEVÍN A 1 (Bruno)
ALEVÍN A 2 (Rubén e Jairo) - ALTINORDU FK 5

Domingo 16 de decembro
Fase de Consolación
ALEVIN A 2 (Jairo e Rubén) - FC ADMIRA WACKER MÖDLING 0
ALEVÍN A 3 (Jairo, Carlos e Rubén) - SG WATTENSCHEID '09' 1
ALEVÍN A 2 (Bruno e Xenxo) - KAS EUPEN 1
ALEVÍN A 2 (Xenxo e Jairo) - WUPPERTALER SV 4
ALEVÍN A 10 (Xenxo -4-, Rubén -2-, Jairo, Eli, Erick e Bruno) - SpVg LINDERHAUSEN '1920' 1

Por este motivo, o partido da Primeira Comarcal A Coruña entre o CD Calasanz A e o Alevín A, correspondente á 10ª xornada, trasládase de hoxe sábado 15 ao sábado 22 ás 13:00 horas, en escenario por fixar.

O Alevín B acabou na oitava praza da Media Gol Cup 2018

O Alevín B do Dépor participou no IX Torneo Internacional Media Gol Cup 2018, que se xogou no Nou Municipal de Cornellá (Barcelona) desde o pasado venres 14 a hoxe domingo 16 de decembro.

O cadro que prepara Luis Pastur caeu en cuartos de final co Espanyol e acabou a competición nunha meritoria 8ª praza, entre un total de 20 clubs participantes.

Os resultados do Alevín B foron os seguintes:

Primeira Fase
Venres 14 de decembro
REAL MADRID CF 0 - ALEVÍN B 1 (Rubén)

Sábado 15 de decembro
ALEVÍN B 1 (Balbas) - GIMNÀSTIC MANRESA 2
GIRONA FC 0 - ALEVÍN B 0
ALEVÍN B 3 (Balbas -2- e Diego) - KAWASAKI FRONTALE 2
Cuartos de final
ALEVÍN B 0 - ESPANYOL 2

Domingo 16 de decembro
Fase pola 5ª praza á 8ª praza
ALEVÍN B 2 (Diego -2-) - RC CELTA 2. A penaltis: 2-3
ALEVÍN B 1 (Diego) - CORNELLÁ 2

Debido a este torneo, o partido da Segunda Comarcal A Coruña entre o Orillamar SD B e o Alevín B, correspondente á 7ª xornada, trasládase de onte sábado 15 de decembro ao martes 18 de decembro ás 19:00 horas en Abegondo.