RCD / NOVAS

Queijeiro, Borja Galán, Aarón, Adrián e Pedro regresan ao Fabril

16/07/2017 12:29

Algúns dos canteiráns que arrincaron a pretemporada co primeiro equipo regresan esta semana ao Fabril.

Así, Queijeiro, Borja Galán, Aarón, Adrián e Pedro volverán ao conxunto que prepara Cristóbal Parralo. Levan deste verán varias sesións de adestramento e minutos de xogo cos profesionais, con todo o que iso supón na súa formación.

Deles, o único que non disputou ningún minuto nos amigables foi Borja Galán, lesionado na primeira semana de pretemporada.

O balance goleador destes canteiráns é de tres dianas: un gol de Aarón ante o Arousa o pasado venres e dous de Pedro onte ante o Silva, no Memorial Antonio Meirás.

Agora, toca centrarse no filial, que afronta con ilusión o seu regreso a Segunda División B. Aínda que seguro que no futuro terán máis oportunidades de mostrar as súas condicións a Pepe Mel no primeiro equipo.