RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Queremos pasar na Copa", advirte Emre Çolak

Emre Çolak foi o protagonista esta mañá na sala de prensa de Abegondo.

O futbolista turco, apoiado no seu intérprete Batu, confesa que "o equipo vai ben. Estou moi contento".

Cre que o Deportivo nestas últimas xornadas mellorou "porque nos coñecemos máis, xogamos máis xuntos, e xogamos ben. Estamos afeitos".

Non admite relaxación para o partido de Copa do Rey deste mércores 21 de decembro en Riazor (21.00 horas) ante o Betis: "Todos os partidos son moi importantes para nós. Queremos pasar na Copa".

A nivel persoal, Çolak asegura ter "moita confianza en min. Cada día vou mellorando. Sinto moi ben aquí. Xogando máis teño máis confianza. Teño moitas ganas de mellorar o equipo comigo".

Confesa facer traballo extra despois dos adestramentos para mellorar o seu estado físico. "Un xogador cando xoga mellora o seu ritmo e eu vouno mellorando", apunta.

Preguntado sobre a situación de Babel, Çolak apunta que "todo o equipo quere que quede connosco. Eu tamén. Oxalá quede".

Mesmo se atreveu a cantar ante os medios de comunicación o cántico que lle coreou a bancada onte en Riazor a Babel no momento de ser substituído: "Babel queda".