RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Quiles: "Facemos moitas cousas ben pero temos que corrixir moitas outras"

Alberto Quiles admitiu esta mañá na sala de prensa de Abegondo que o inicio de liga do Deportivo "non é o que todo o mundo esperaba. Si que facemos cousas boas, moitas cousas ben pero temos que corrixir moitas outras. O equipo ten fases nas que xoga ben, pero hai outras fases nas que lle custa moito. Estamos a recibir moitos goles e defensivamente, cando digo defensivamente digo todo o equipo, desde o dianteiro até o porteiro, temos que estar máis intensos. Recibimos bastantes goles neste inicio de liga e iso temos que arranxalo. Non é o inicio que esperaba dun Dépor irresistible, pero levamos 6 xornadas, aínda é pronto. Hai moita xente nova e aos poucos iremos a mellor seguro".

Preguntado pola presión nos partidos de casa, o dianteiro deportivista foi rotundo: "A min encántame xogar en ABANCA-RIAZOR. Prefiro xogar nun estadio que haxa 15.000 ou 16.000 persoas que xogar nun estadio con 1.000 ou 2.000 persoas. A min encántame, gustoume sempre e eu non teño problema niso. Non porque agora non estea a atopar o meu xogo, non estea tan ben de ABANCA-RIAZOR. Para nada. A min encántame xogar no Estadio e temos que sentirnos privilexiados de poder xogar ante tantas persoas e nun estadio que é de Primeira División".

Engade que "cando es neno, o que soñas é xogar nun bo estadio, onde véxache a xente, onde a xente vexa como xogas, como o fas. Que cando xogas mal pítache ou asubíache, é normal porque a xente está descontenta. Igual que cando xogas ben ou metes goles vanche a aplaudir, cando xogas mal tes que aguantar o ballón, pero iso vai na nosa profesión e temos que sentirnos agradecidos de poder xogar ante tantas persoas, de ter 23.000 socios e non dicir 'é que hai moita presión en ABANCA-RIAZOR'. Presión é para os que veñen aquí a xogar, non para nós. Para nós é unha alegría xogar en ABANCA-RIAZOR".

Asegura que ninguén no vestiario comentoulle o complicado que é xogar en ABANCA-RIAZOR cando as cousas non van ben: "Cando os resultados van mal é complicado tanto en ABANCA-RIAZOR como fóra. Eu non vexo que xogar en ABANCA-RIAZOR sexa un problema para nós. Como vai ser un problema para nós? Pareceríame unha tolemia. Para min xogar en ABANCA-RIAZOR é unha alegría. Oxalá xogásemos todos o partido en campos así".

Do CF Rayo Majadahonda, rival este domingo 9 de outubro no Cerro del Espino (18.00, InSports.tv), e o seu cambio no banco coa chegada do ex deportivista Alfredo Santaelena, Quiles indica que "ninguén contaba con este cambio de adestrador. Deuse esta semana. Coñecémolo da época do DUX. Non sabemos se xogará igual, se cambiarán algo. Nin idea. Dá igual que sexa un adestrador ou outro. Temos que saír alí a gañar e a traernos os tres puntos".

Da renovación do seu contrato no Deportivo, desvela que "se falou algo, pero de momento está un pouco parada a cousa. Entón nada, a seguir, a facer un bo ano".

A nivel físico, o ariete branquiazul explica que a contusión que sufriu ante o CF Talavera de la Reina "aínda me molesta un pouco. A semana pasada estaba súper dolorido. Esta semana aínda teño unha pouca de dor, pero xa vai a menos. Supoño que mañá me doerá menos e xa para o finde estarei ben".

Pendente de estrearse como goleador en liga, recoñece que "se o comparamos co ano pasado, está claro que empecei peor que a temporada pasada. O ano pasado creo que levaba catro goles, este ano non levo ningún. Tampouco estou preocupado polo tema do gol. Si que me gustaría facer algún gol, pero prefiro recuperar sensacións e atoparme co meu xogo que é o gol. Estou seguro que cando meta o primeiro, chegarán moitos máis".

Insiste en que "me atopo máis cómodo chegando á área que estando. Por iso cando xogo en punta o que adoito facer é ir recibir moito para logo descargar e chegar á área de sorpresa. Non estando alí. Non me importa xogar nun lado que noutro, pero se xogo en punta irei moitas veces a recibir, baixareime un pouco de posición. Estando xa na área, marcado por un central ou un lateral cústame moito máis que se chego por sorpresa que que aí non teño marca".