RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Quiles recoñece que "non foi o noso mellor partido"; e Villares, que "lonxe de casa está a custarnos máis do debido"

Alberto Quiles e Diego Villares atenderon aos medios de comunicación na zona mixta de Lezama.

O dianteiro andaluz recoñece que "non foi noso mellor partido e cando nos adiantamos faltounos ter un pouco máis de balón, non defender tan atrás, defender un pouco máis arriba. Tivemos situacións para poder meter o segundo e que xa terminase o partido e non o fixemos. Un punto e a tentar gañar en ABANCA-RIAZOR".

Quiles asegurou que o equipo quería "enlazar esta vitoria coa anterior de casa pero non fomos capaces. Non foi o noso mellor partido porque se estivésemos ben gañaríamos. Agora hai que ir a ABANCA-RIAZOR e gañar".

Pola súa banda, Diego Villares comenta que "non foi un partido fácil para nós. Fóra de ABANCA-RIAZOR está a custarnos máis do debido. Volvemos pecar do mesmo cando marcamos ese primeiro gol, de botarnos demasiado atrás e darlle protagonismo ao equipo rival".

O futbolista lucense cre que "necesitabamos esta vitoria fóra de casa que non puidemos conseguir. Cando mellor estabamos no partido, cando estabamos máis asentados metémonos un pouco atrás. Iso non nos beneficia para nada".

Villares indica que "o Racing de Santander está moi complicado porque vai con paso firme na cabeza" pero destaca que "a todos os equipos está a custarlles sumar de tres, como a nós".

Mostrouse finalmente "contento" pola súa renovación automática polo Deportivo aínda que advirte que "teríame gustado que fose coa vitoria".