RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Quiles: "Temos que estar agradecidos cada vez que pisamos este campo e vestimos a camiseta deste Club"

Alberto Quiles, xogador Estrella da LXXVII edición do Trofeo Teresa Herrera, comentou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "os primeiros 25 minutos tiñamos o control da pelota pero non chegabamos a porta. Logo en dous centros laterais metéronnos os dous goles. Iso temos que melloralo, o non deixar centrar e o que nos rematen. E o tema das contras tamén. Pero mellor que pase iso en pretemporada".

A nivel persoal márchase o dianteiro andaluz "moi contento. Meter tres goles, levarme o trofeo de mellor xogador... Iso sempre vén ben".

Comenta o pichichi deportivista no seu primeiro partido desta temporada en ABANCA-RIAZOR que "sempre hai ganas de volver aquí porque é un estadio de Primeira División, porque temos que estar agradecidos cada vez que pisamos este campo e poñemos a camiseta deste Club. Había ganas e máis despois do pau que nos levamos antes de verán".

Das caras novas, Quiles indica que "estamos a nos coñecer. Con Víctor e Gorka xa case nos coñecemos porque levamos tempo. Con Rubén menos, pero tamén nos adestramentos. Estes partidos serven para ver como xoga un, outro. Seguro que cando empecemos a coller minutos e ritmo entenderémonos perfectamente".

Con quince días aínda de mercado, o ariete deportivista é rotundo: "Estou aquí, estou moi contento e seguro que quedarei".