RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Quiles: "Ten que ser súper bonito e súper especial xogar aquí en ABANCA-RIAZOR co campo cheo"

Antes de arrancar a rolda de prensa desta mañá en ABANCA-RIAZOR, Alberto Quiles quixo "felicitar ao Dépor ABANCA pola vitoria de onte. Foi unha alegría para todo o mundo. Alegrámonos moito e oxalá que o ano que vén consigan ese ascenso".

A pouco máis de tres días para a semifinal do playoff de ascenso, o dianteiro deportivista confesa que de nervios anda "ben. Non cambiar a rutina, o adestrar en ABANCA-RIAZOR, na nosa Cidade Deportiva, non ter que desprazarnos axuda a que esteamos un pouco máis tranquilos. Supoño que cando se vaia achegando o partido, eses nervios irán un pouco a máis. É normal. Estamos a xogarnos un playoff, hai que saber levalo e xa con ganas".

Asegura que "por suposto" cambiaría o Premio Estrella ao mellor xogador da temporada polo ascenso: "Cando vin aquí, fíxeno coa idea de ascender. É unha alegría e unha honra ser o Xogador Estrella da temporada pero cambiaríao polo ascenso, pero sen dubidar".

Queda coa espinita cravada de non ser o pichichi da categoría, que logrou o barcelonista Ferrán Jutglà con 19 goles (18 anotou o deportivista); pero cre Quiles que "fixen un bo ano nesta temporada, metín bastantes goles e agora quedan dous partidos máis e a seguir metendo, que iso é bo para o equipo".

Preguntado pola organización do playoff, as sedes... advirte que "nese tema manda a Federación. Quixo que o playoff sexa así e non podemos facer nada máis. Eu entendo á xente que se queixa porque tamén é lóxico que eles queiran ter un playoff no seu estadio, pero aí manda a Federación. Nós temos que estar centrados no tema futbolístico, estar o máis tranquilo posible e deses temas afastarnos".

Do Linares Deportivo opina que é "un equipo difícil, como tería sido calquera outro que nos tocase. Alí en Andalucía enfronteime moitas veces. No seu campo, polas dimensións do seu campo, por como aperta a xente, é un equipo moi difícil e estou seguro que aquí van vir coa máxima ilusión de meterse no playoff, de xogar en ABANCA-RIAZOR, de ter a oportunidade de eliminar a todo un Deportivo. Hai que ir con moito respecto, tendo en conta os seus puntos fortes e tamén terá as súas debilidades como todos os equipos. Ser nós e así gañaremos o partido".

Conscientes que ao Dépor válelle o empate para superar a eliminatoria, recalca que "non podemos saír a empatar. Temos que saír como sempre a gañar os partidos, desde o principio a full para demostrarlle ao Linares que se queren pasar van ter que facer moitas cousas ben. Unha vez que esteamos no partido, non pensar en empatar senón pensar en ir gañalo sabendo que nos vale o empate, pero saír sempre a gañar".

O ariete branquiazul subliña que "a nosa idea vai ser a mesma de todo o ano, ter o balón, presionar cando non o teñamos, posesións longas, non atacar rápido, estar tranquilos, ter personalidade, pedir o balón... O que expoña o Linares non o sabemos pero sendo nós e afundindo ao rival como o facemos aquí moitas veces en ABANCA-RIAZOR temos moito ganado".

O sábado Quiles imaxínase o estadio "cheo. Oxalá, que ten que ser súper bonito e súper especial xogar aquí en ABANCA-RIAZOR co campo cheo. Durante a temporada tocamos os 14.000, 15.000; logo tamén lembro un partido do Xuvenil A, cando se xogaba a Youth League, que chegaron aos 20.000 ou 19.000 e pico. Se podemos superar esa cifra sería unha tolemia. Entón imaxinamos ABANCA-RIAZOR súper bonito como dixen e con moitas ganas de ver ao estadio porque nos vai a axudar unha chea".

Tampouco ve a #ANOSAFORZA dubidando de se vir ou non a ABANCA-RIAZOR este sábado ás 21:00 horas: "Non hai ninguén dubidando. #ANOSAFORZA sabe o que ten que facer. Estou seguro que non hai ninguén que dubide".