RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Quiles ve a un Dépor "con moita ambición" e Lapeña cre que "soubemos sufrir o mal intre que tivemos"

O goleador Quiles e Adrián Lapeña atenderon aos medios de comunicación na zona mixta do Estadio Ruta de la Plata.

O dianteiro andaluz, outra vez decisivo, apunta que "o que temos que facer é tentar gañar o partido, sexa o minuto que sexa. Somos un equipo con moita ambición, temos un cadro moi bo e temos que facer iso".

Lembra que sacar algo positivo "era máis complicado porque na segunda parte tocounos a área conxelada e non te podías mover, pero ao final fixemos unha bonita xogada e puidemos marcar".

Quiles admite que o Dépor na segunda parte "non estivo tan ben como na primeira parte. Chegabamos con relativa facilidade pero na área non se podía facer nada, nin caneos, nin tirar a porta, nin centros, nin nada. Pensaba que iamos quedar cero a cero por como estaba a área. Ao final a sorte sorriunos".

Conta que sentiu "ben" durante o partido: "Sempre me atopo ben. Tanto na dereita e aí de punta. Atopeime ben, moi cómodo e facendo o que o míster me pedía. Encima puiden meter o gol".

Do partido do domingo en ABANCA-RIAZOR ante o Real Racing Club (19:00 horas, Footters), o dianteiro branquiazul non cre que sexa unha final "porque quedan moitos puntos pero é un partido súper importante. É o segundo clasificado. É partido de 3 puntos e o golaverage. Podemos facerlle dano psicoloxicamente se gañamos. Temos que preparalo ben. É un partido de tres puntos pero sabemos a importancia que ten e máis en ABANCA-RIAZOR".

Pola súa banda, Adrián Lapeña comenta que o tres puntos desta noite "son moi importantes porque cando hai partido entre semana é difícil sacar os resultados adiante. O domingo pasado tivemos un partido esixente. Hoxe tamén. O equipo estaba un pouco fatigado porque non paraba de tentalo. Ao final tivemos o premio da vitoria".

O defensor deportivista apunta que "soubemos sufrir o mal intre que tivemos, soubemos embotellar ao Zamora nos últimos minutos e tivemos o premio do gol".

Lamentouse do sucedido con #ANOSAFORZA na celebración do gol de Quiles: "Fomos ver que tal se atopaban. Déronse golpes importantes. Esperemos que estean ben e que poidan seguir animándonos".

Este domingo 30 de xaneiro ante o Real Racing Club, Lapeña espera un partido "como na primeira volta. É un equipo que sente cómodo sen balón, xogando ao contraataque. Logo é capaz de telo para crear situacións de perigo. Agora a descansar, a celebrar a vitoria. É moi difícil o que estamos a facer. Desde mañá no adestramento a pensar no Racing e sacar o tres puntos".