RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Quince fatídicos minutos condenan no Monte ao San Tirso SD Infantil ante o CD Areosa

Quince fatídicos minutos, do 21 ao 37, condenaron ao San Tirso SD Infantil (1-3) no seu partido no Monte ante o CD Areosa correspondente á 18ª xornada na División de Honra.

Nese prazo de tempo os vigueses lograron os seus 3 goles que xa puxeron moi costa arriba o partido para os 'verdes'.

Roi, na recta final, foi o autor do único tanto do equipo que dirixe Borja Souto.

Con este resultado, o San Tirso SD Infantil é 13ª na táboa con 15 puntos.

San Tirso SD Infantil: Lucas López, Guille, Samuel, Nikolay, Ander, Iago Varela, Raúl, Daniel, Sergio, Gabri e Roi. Tamén xogaron: Javi Seoane, Pablo Vara, Alberto e Álex Martínez.

A próxima fin de semana non hai liga. En 15 días, o San Tirso SD Infantil visita ao ED Val Miñor Nigrán.

Os resultados do San Tirso SD até a data son os seguintes:

Deportivo 4 - San Tirso SD Infantil 0
San Tirso SD Infantil 3 (José Quiroga, Alberto e Daniel) - EF Portero '2000' 1
CD Areosa 2 - San Tirso SD Infantil 0
San Tirso SD Infantil 0 - ED Val Miñor Nigrán 1
EF Denis Suárez 0 - San Tirso SD Infantil 1 (Pablo Vara)
San Tirso SD Infantil 1 (Alberto) - Victoria FC 0
CD Conxo Santiago 3 - San Tirso SD Infantil 2 (Roi e Ander)
San Tirso SD Infantil 0 - Ural Español CF 7
Pabellón Ourense 7 - San Tirso SD Infantil 0
San Tirso SD Infantil 5 (Sergio, Iago Varela, Nikolay, Guille e Antón) - Bergantiños CF 1
CD Lugo 4 - San Tirso SD Infantil 1 (Ander)
San Tirso SD 2 (Alberto e Sergio) - Cidade de Ribeira CF 2
Arosa SC 3 - San Tirso SD Infantil 0
San Tirso SD Infantil 2 (Guille e Sergio) - UD Santa Mariña 2
RC Celta 3 - San Tirso SD Infantil 0
San Tirso SD Infantil 1 (Roi) - Infantil 6
EF Portero '2000' 3 - San Tirso SD Infantil 3 (Sergio -2- e Nikolay)
San Tirso SD Infantil 1 (Roi) - CD Areosa 3