RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Quinta edición consecutiva do DéporCampus Cabreiroá de Boiro

O concello de Boiro acolleu onte mércores 8 de xuño a presentación do DéporCampus Cabreiroá que terá lugar a semana do 11 ao 15 de xullo no campo de Valiño. Será a quinta edición consecutiva dun dos DéporCampus Cabreiroá máis antigos que organiza a Fundación RC Deportivo.

Á presentación asistiron Julio García, directivo das EFM Boiro, e Pablo Barros, director das actividades formativas da Fundación RC Deportivo

A actividade está destinada a nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos e terá un horario de 10:00 a 14:00 horas. Ademais como principal novidade este ano cada participante recibirá un equipamento deportivo composto de camiseta, pantalón e medias cun novo deseño exclusivo dos DéporCampus Cabreiroá.

Os interesados poden consultar toda a información da sede de Boiro e realizar o proceso de inscrición até as 12:00 do xoves día 7 de xullo nesta ligazón.

Para calquera dúbida ou consulta coas súas inscricións, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.