RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Quique González e Domingos Duarte fan felices a deportivistas de todas as idades en Marineda City

O dianteiro do Dépor Quique González e o central branquiazul Domingos Duarte fixeron felices esta tarde a decenas de deportivistas de todas as idades na DéporTienda de Marineda City.

Ambos os xogadores puxéronse a disposición de todos os afeccionados para facerse fotos, asinar autógrafos e saudar en persoa a todos os que se pasaron pola primeira planta do centro comercial coruñés, onde se atopa situada unha das dúas tendas oficiais do Dépor.

Houbo quen, pertrechado co seu teléfono móbil, quixo unicamente fotografarse con ambos os xogadores e dar consignas e palabras de ánimo de cara ao choque deste venres 12 de outubro en ABANCA-RIAZOR ante o Elche CF (Gol e LaLiga 1|2|3 TV).

Outros acudiron á cita con Quique e Domingos provistos dalgún recordo para asinar: balóns, bufandas ou camisetas, moitas delas xa postas, foron os artigos preferidos.

En calquera caso, todos levaron de recordo unha postal asinada polos xogadores, ademais neste caso dous dos futbolistas que teñen máis presenza até o momento nos onces de Natxo González na competición ligueira.

Até un grupo de nenos convidado a uns aniversarios nun local próximo recibiu como regalo sorpresa unha foto cos seus ídolos futbolísticos.