RCD / NOVAS

Raúl Albentosa regresa ao traballo de grupo

01/03/2018 20:14

O central deportivista Raúl Albentosa adestrouse esta tarde co grupo. Os Servizos Médicos do Club avaliarán mañá venres o seu estado físico co fin de ditaminar se o central valenciano está en condicións de ser convocado ante o Eibar, este sábado 3 de marzo no Estadio ABANCA-RIAZOR (18:30 horas, Bein LaLiga), en choque correspondente á 27ª xornada de LaLiga Santander.

Están fóra do grupo Fede Valverde e Guilherme, ambos de baixa médica.

Podes consultar aquí o estado físico do cadro deportivista:

Máis novas de: ALBENTOSA