RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

RC Deportivo e UDC selan un importante acordo de colaboración

  O RC Deportivo e a Universidade da Coruña (UDC) asinaron esta mañana un convenio de colaboración grazas ao cal os estudantes tendrán a oportunidade de completar a súa formación na Escola de Adestradores do

O convenio permitirá aos alumnos da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física poidan simultanear os estudos de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e os niveis de Técnico Deportivo de Fútbol que imparte o RC Deportivo.

O presidente deportivista comezou a súa alocución afirmando que “é unha honra e unha alegría asinar este convenio de colaboración coa Universidade da Coruña porque, ademais, atende a unha demanda real e proporciona un beneficio mutuo”.
 
Fernández cualificou a acción dunha “máis dentro da nosa responsabilidade social”. O presidente afirmou que “o Deportivo ten que estar á beira das institucións, da cidade, de Galicia, do deporte, da formación, e esta é unha maneira de facelo”.
 
“Os alumnos van poder estudar dunha maneira máis sinxela, mellor e máis barata”, destacou o máximo mandatario branquiazul, que engadiu que “imos reservar ata un total de quince prazas por ano e facer os correspondentes descontos do 30 por cento ”
 
“Os exalumnos da Universidade poderán obter os títulos de adestrador de fútbol tamén cos descontos”, incidiu o mandatario, antes de recoñecer o traballo de Rafael Martín Aceiro e Miguel Gamallo para que este acordo chegase a bo porto.
 
Pola súa banda, Abalde cualificou de boa “noticia” o acordo. “Cremos que é un avance que unhas relacións case persoais transfórmense agora nunhas relacións institucionais”, dixo o reitor.