RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Real Madrid, Yokohama, Athletic Club e Lagun Onak examinan ao Alevín B en Azpeitia (Guipúscoa)

O Alevín B terá duros rivais na Primeira Fase da Azpeitia Cup 2018, que se celebra na citada guipuscoana desde este venres 8 de xuño.

O cadro que prepara Alberto Suárez quedou encadrado no grupo A, co Real Madrid, Yokohama Marinos (Xapón), Athletic Club e Lagun Onak.

O calendario de partidos é o seguinte:

Primeira Fase
Venres 8 de xuño
18:30: REAL MADRID - ALEVÍN B (campo 1)

Sábado 9 de xuño
12:00: ALEVÍN B - YOKOHAMA MARINOS (campo 3)
16:30: LAGUN ONAK - ALEVÍN B (campo 3)
18:00: ALEVÍN B - ATHLETIC CLUB (campo 4)

Os dous primeiros de grupo acceden a unha Segunda Fase, que arranca o domingo ás 9:00 horas, da que sairán os semifinalistas.

A Cerdanyola Cup, novo reto para o Infantil A

O Infantil A participa esta fin de semana na Cerdanyola Cup 2018, 4º Memorial Marc Badia de fútbol 11, que se xoga nas instalacións de Bòbila e Pinetons de Cerdanyola do Vallès (Barcelona).

O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo B, coa UE Sants, Cerdanyola C e Levante UD.

O calendario de partidos do Infantil A é o seguinte:

Sábado 9 de xuño
14:30: INFANTIL A - UE SANTS (campo de Pinetons)
16:15: CERDANYOLA C - INFANTIL A (campo de Bòbila)
18:00: INFANTIL A - LEVANTE UD (campo de Bòbila)

Os tres primeiros clasificados acceden a oitavos de final, que, baixo o sistema de eliminatoria, arrancan o domingo a partir das 10:05 horas.

O Alevín A regresa de LaLiga Promises ao Torneo Concello de Carballo

O Alevín A, tralo seu brillante paso por LaLiga Promises a pasada fin de semana, regresa á competición este sábado 9 de xuño coa disputa da 14ª edición do Trofeo Concello de Carballo de fútbol 7, organizado polo Club Escolas Calvo no campo das Eiroas.

O torneo xogarase baixo o sistema de liga todos contra todos. Os 4 primeiros clasificados pasan ás semifinais, das que sairán os dous finalistas aspirantes ao título.

Comparten cartel co conxunto deportivista os seguintes equipos: Sporting de Gijón, Selección Costa da Morte, Celta, Oviedo, Calasanz, AFA Angola, Luis Calvo e Real Sociedad.

O calendario do Alevín A que prepara Roberto Veres é o seguinte:

Sábado 9 de xuño
Primeira Fase
9:45: AFA ANGOLA - ALEVÍN A (campo 2)
11:30: ALEVÍN A - SPORTING DE GIJÓN (campo 1)
12:40: CALASANZ - ALEVÍN A (campo 1)
17:40: ALEVÍN A - OVIEDO (campo 1)
19:25: REAL SOCIEDAD - ALEVÍN A (campo 1)
20:35: ALEVÍN A - CELTA (campo 1)

Domingo 10 de xuño
9:30: EF LUIS CALVO - ALEVÍN A (campo 1)
11:15: ALEVÍN A - SELECCIÓN COSTA DA MORTE (campo 1)