RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Recollida de alimentos e xoguetes na DéporTienda de ABANCA-RIAZOR do 16 ao 23 de decembro

Como cada temporada por estas datas, o RC Deportivo colabora en causas solidarias para axudar aos que máis o necesitan. Para dar continuidade a estas actividades, este ano a Fundación RC Deportivo e Kappa a través da DéporTienda de ABANCA-RIAZOR, organiza unha recollida de alimentos non perecedoiros e de xoguetes novos en colaboración co 5 Coruña Futbol Sala, dentro da X edición das xornadas solidarias en favor de Cáritas Coruña que promove o club coruñés. Con esta acción a Fundación RC Deportivo contribúe aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) 1 e 10.

O pistoletazo de saída para iniciar a recollida darase mañá día 16 de Decembro, aproveitando o partido de Copa do Rei no que o RC Deportivo recibe a CA Osasuna en 2ª Rolda a partir das 21:00 horas en #ANosaCasa.

A recollida de alimentos non perecedoiros e xoguetes novos na DéporTienda de ABANCA-RIAZOR estenderase desde o 16 ao 23 de decembro E o horario de recollida será o da propia tenda: de 10:00 a 20:30 horas.

A deste ano será a X edición dunha acción solidaria iniciada polo 5 Coruña Futbol Sala en 2012, e que cada ano vai crecendo en volume de alimentos e xoguetes recoller, e sobre todo no formato. As 8 primeiras edicións da xornada solidaria 5 Coruña Futbol Sala compartiron un mesmo formato. A da celebración dunha xornada dun día no que o club vermello organizaba partidos e actividades lúdicas no Palacio dos Deportes de Riazor orientadas a nenos e nenas que participaban a través de clubs, colexios, asociacións e mesmo de forma individual, este último feito algo inédito en eventos deste tipo, que permitía participar a calquera neno e nena a pesar de non estar vinculados a ningunha entidade. A IX edición foi a da reinvención por parte do 5 Coruña Futbol Sala, e é que por mor da pandemia provocada polo COVID-19 a xornada solidaria non podía celebrarse no formato orixinal, por aglutinar un volume demasiado grande de participantes nunha mesma instalación. Por iso os organizadores decidiron multiplicar o número de xornadas, e deste xeito celebrar moitas máis durante os meses de Novembro e Decembro.

A Fundación RC Deportivo e Kappa a través da DéporTienda de ABANCA-RIAZOR axudarán a que a recadación deste ano sexa aínda maior, e están seguros que coa axuda de toda a #NosaForza será un éxito de solidariedade.