RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Traballo de laboratorio en dous grupos esta tarde no campo 2 de Abegondo

Despois dunha intensa mañá, Juan Antonio Anquela dividiu ao seu cadro en dous grupos esta tarde para o ensaio de accións de estratexia no campo 2 da Cidade Deportiva.

O arranque ligueiro ante o Real Oviedo achégase e o técnico deportivista non quere descoidar esta faceta do xogo, o balón parado, que pode ser decisiva nunha competición tan longa e disputada como LaLiga SmartBank.

Recta final cara á liga, con Diego Rolan esta mañá no grupo

O Deportivo encara a recta final cara a LaLiga SmartBank, cuxa primeira xornada será este domingo 18 de agosto en ABANCA-RIAZOR (18:00 horas) ante o Real Oviedo.

Juan Antonio Anquela puido contar esta mañá, nunha longa sesión de máis de 2 horas de duración, con todo o seu cadro, incluído Diego Rolan. Só Fede Cartabia quedou no ximnasio, con adestramento específico.

Dos fabrilistas que traballan diariamente no primeiro equipo, hoxe non estiveron Álex Cobo, Boian, Valín e Bourdal, 'liberados' para disputar a final da Copa Deputación co Fabril esta tarde en Carballo ante o Bergantiños CF; e si por contra o meta xuvenil Alberto.

Após un quecemento e uns rondos, Anquela dividiu ao cadro en dous grupos para, simultaneamente, realizar un traballo táctico no campo 2 e un circuíto físico con finalizacións no 3.

Fútbol en espazo reducido, de alta intensidade, puxo o punto e final ao adestramento sobre o céspede.

Mañá xoves 15 de agosto, o Dépor regresa ao traballo ás 10:00 en Abegondo.