RCD / NOVAS

Recta final mañá domingo para os torneos dos alevíns en Cornellá e Alemaña

15/12/2018 22:37

Mañá domingo será a recta final para os torneos amigables do Alevín A e B en Alemaña e Cornellá (Barcelona) respectivamente.

O Alevín B pelexará pola quinta praza en Cornellá

O Alevín B do Dépor participa no IX Torneo Internacional Media Gol Cup 2018, que se xoga no Nou Municipal de Cornellá (Barcelona) desde o pasado venres 14 ao domingo 16 de decembro.

O cadro que prepara Luis Pastur superou a Primeira Fase pero caeu en cuartos de final co Espanyol.

Mañá domingo, o Alevín B pelexará co RC Celta pola 5ª praza.

O calendario de partidos do Alevín B, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Primeira Fase
Venres 14 de decembro
REAL MADRID CF 0 - ALEVÍN B 1 (Rubén)

Sábado 15 de decembro
ALEVÍN B 1 (Balbas) - GIMNÀSTIC MANRESA 2
GIRONA FC 0 - ALEVÍN B 0
ALEVÍN B 3 (Balbas -2- e Diego) - KAWASAKI FRONTALE 2
Cuartos de final
ALEVÍN B 0 - ESPANYOL 2

Domingo 16 de decembro
Fase pola 5ª praza
10:30: ALEVÍN B - RC CELTA

Por este motivo, o partido da Segunda Comarcal A Coruña entre o Orillamar SD B e o Alevín B, correspondente á 7ª xornada, trasládase de hoxe sábado 15 de decembro ao martes 18 de decembro ás 19:00 horas en Abegondo.

O Alevín A, á Fase de Consolación da Fritz Eckhardt Weichnachtscup 2018

O Alevín A participa na localidade de Schwelm (Alemaña) hoxe sábado e mañá domingo na Fritz Eckhardt Weichnachtscup 2018.

O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase con estes equipos: Altinordu FK (Turquía), KAS Eupen (Bélxica) e os conxuntos alemáns Hertha BSC, FC Köln, VfL Bochum e Wuppertaler SV.

Após non clasificarse para a Fase Final, o Alevín A xogará mañá domingo a Fase de Consolación.

O calendario de partidos do Alevín A de Roberto Veres, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Primeira Fase
Sábado 15 de decembro
ALEVÍN A 3 (Jairo -2- e Marcos) - WUPPERTALER SV 3
VfL BOCHUM 3 - ALEVÍN A 2 (Bruno e Xenxo)
FC KÖLN 6 - ALEVÍN A 2 (Erick e Bruno)
ALEVÍN A 2 (Rubén e Bruno) - KAS EUPEN 2
HERTHA BSC 8 - ALEVÍN A 1 (Bruno)
ALEVÍN A 2 (Rubén e Jairo) - ALTINORDU FK 5

Domingo 16 de decembro
Fase de Consolación
15:15: ALEVIN A - SG WATTENSCHEID '09'

Por este motivo, o partido da Primeira Comarcal A Coruña entre o CD Calasanz A e o Alevín A, correspondente á 10ª xornada, trasládase de hoxe sábado 15 ao sábado 22 ás 13:00 horas, en escenario por fixar.