RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Recuperación con estiramentos, core, mobilidade, carreira e paseo cos pés descalzos sobre o céspede

O Deportivo pechou esta semana de adestramentos individuais cunha mañá de hoxe sábado de recuperación activa.

Os futbolistas branquiazuis, desde as 09:30 de hoxe e en dúas quendas, realizaron estiramentos e mobilidade supervisado polo preparador físico Manuel Pombo; e core co readaptador Fran Molano.

A mañá acabou cunha suave carreira ao longo dos 7 campos de herba natural e un paseo descalzos sobre o céspede, co obxecto de lograr unha masaxe natural aos pés.

Os porteiros si se adestraron con normalidade nun dos campos de fútbol 7, con esta quenda: Dani Giménez (09:30), Jovanovic (10:30) e Alberto (11:30).

O único ausente sobre o terreo de xogo foi, ademais de Michele Somma, Eneko Bóveda, que continúa co seu proceso de recuperación.

O Dépor descansa mañá domingo e regresa aos adestramentos este luns na Cidade Deportiva.