RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Recuperación esta mañá para os titulares en Málaga

Os futbolistas titulares onte en Málaga tiveron esta mañá unha sesión de recuperación en Abegondo, con carreira continua e estiramentos sobre o céspede; e masaxe e ximnasio na cidade deportiva. Para o resto do persoal, o adestramento foi de alta intensidade, con rondos, un exercicio de finalizacións e un partido en espazo reducido.

Mañá luns 28 de novembro, o equipo adestrarase ás 17.00 horas en Abegondo, para preparar xa a visita ao Real Betis en Copa do Rei (dezaseisavos de final, ida) no Benito Villamarín (martes 29 de novembro, 22.00 horas, Bein Sports).