RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Recuperación para os titulares o pasado luns ante a UD As Palmas

Os futbolistas titulares o pasado luns ante a UD As Palmas tiveron esta mañana unha sesión de recuperación, con carreira continua, roldo, ximnasio e masaxe.

Para o resto do persoal, o adestramento foi normal, cun traballo táctico e partido once para once, con varios fabrilistas: Blas, Óscar, Alex Corredera, Pol Calvet, Edu, Lucas e Sam Piette.

quedaron no vestiario Fede Cartabia, cunha molestia nas costas; e Luisinho, con algunha molestia nun tendón rotuliano. Fabricio exercitouse co readaptador, Pablo López.

Mañá xoves, o persoal está citada de novo ás 10.30 en Abegondo.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Xoves 14 de abril
10.30: Adestramento en Abegondo

Venres 15 de abril
10.30: Adestramento en Abegondo

Sábado 16 de abril
10.30: Adestramento en Riazor, a porta pechada