RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Recuperación para os titulares onte en Zamora e alta intensidade para once xogadores

Os futbolistas titulares onte en Zamora realizaron un adestramento de recuperación esta mañá en Abegondo.

Así pois, unicamente once futbolistas saltaron ao céspede ás ordes de Fernando Vázquez. Deles, seis do primeiro equipo: Borja Galán, Carlos Abad, Lucho, Lara, Nacho e Derik; e cinco canteiráns: Alberto, Juan Rodríguez, Guille Bueno, Barba e Iván Guerrero.

Para este grupo Fernando Vázquez dispuxo un quecemento con rondos, un circuíto de forza e fútbol en espazo reducido.

Tiveron adestramento específico os futbolistas con problemas físicos: Uche; Keko, con molestias nun sóleo pendente de avaliación médica; Bóveda, Claudio Beauvue, Héctor, Miku e Rolan, cunha sobrecarga nun cuádriceps tal e como confirmou onte Fernando Vázquez na rolda de prensa despois do partido.

Mañá martes haberá xornada de descanso. O equipo comezará o mércores 13 de xaneiro ás 11:00 a preparar a seguinte cita ligueira, a visita ao Salamanca CF UDS prevista para o domingo 17 de xaneiro ás 16:00 horas (Footters) no Estadio Helmántico.