RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Regresan á competición oficial tralo parón do Nadal os equipos de #ANOSACANTEIRA

Tralo parón do Nadal, volven á competición ligueira os xuvenís, cadetes, infantís, alevíns e benxamíns branquiazuis, ademais do Deportivo ABANCA B de categoría feminina.

En Abegondo xóganse un total de 4 partidos. O Fabril prende o lume o sábado ás 16:30 ante o Internacional de Madrid, no primeiro partido da segunda volta.

O filial deportivista acábase de reforzar con Arturo Segado e Ignacio Abeledo. A intención dos pupilos de Sergio Pellicer é cambiar de rumbo nesta segunda parte da liga e iniciar a remontada canto antes.

Como é habitual, os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. O público paga 10 euros; e 3 euros os menores de 16 anos.

Tamén xogan en Abegondo, todos o domingo 13 ás 12:00, Xuvenil A, Deportivo ABANCA B e Cadete B, ante CD Colindres, Antas SD e CD Calasanz B.

Para os partidos do Xuvenil A e Cadete B, os socios teñen entrada gratuíta. O público paga 3 euros.

Os demais equipos de #ANOSACANTEIRA competirán fóra de Abegondo, todos eles na Coruña e Cambre, o sábado 12.

O Infantil A arranca a Fase polo Título da Liga Galega. O formato de competición será de liga a unha soa volta entre os 8 primeiros clasificados do grupo norte e os 8 primeiros do grupo sur. O primeiro rival será o Victoria CF, no campo coruñés da Leyma (12:15).

O calendario é o seguinte:

Segunda División B
20ª xornada: FABRIL - INTERNACIONAL DE MADRID, o sábado 12 de xaneiro ás 16:30 en Abegondo
Clasificación: ... 14. CF Salmantino e RC Celta B, 22 puntos; 16. CDA Navalcarnero, 21 puntos; 17. AD Unión Adarve, 20 puntos; 18. Burgos CF, 19 puntos; 19. Fabril e Rápido de Bouzas, 14 puntos...

Categoría feminina
16ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - ANTAS SD, o domingo 13 de xaneiro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da Primeira Autonómica: 1. Deportivo ABANCA B, 43 puntos; 2. Viajes InterRías FF, 39 puntos...

Categoría xuvenil
19ª xornada: XUVENIL A - CD COLINDRES, o domingo 13 de xaneiro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: ... 6. Real Oviedo, 30 puntos; 7. Atlético Perines, 29 puntos; 8. Xuvenil A, 28 puntos; 9. ED Val Miñor Nigrán, 23 puntos...

18ª xornada: ORILLAMAR SD - XUVENIL B, o sábado 12 de xaneiro ás 16:15 en Elviña (A Coruña)
Clasificación da Liga Nacional: ... 3. Victoria CF, 35 puntos; 4. Xuvenil B, 32 puntos; 5. Pabellón Ourense CF, 31 puntos; 6. CD Choco e CD Conxo Santiago, 29 puntos...

Categoría cadete
18ª xornada: URAL CF - CADETE A, o sábado 12 de xaneiro ás 12:15 na Grela 1 (A Coruña)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta A, 45 puntos; 2. Cadete A, 44 puntos; 3. Ural CF, 35 puntos...

Amigable, xogado onte mércores: CADETE B 3 (Trigo -3-) - SELECCIÓN DA COSTA 3
18ª xornada: CADETE B - CD CALASANZ B, o domingo 13 de xaneiro ás 12:00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: ... 3. Racing Villalbés, 36 puntos; 4. Cadete B, 34 puntos; 5. Galicia de Caranza e CF Dumbría, 29 puntos...

Categoría infantil
Fase polo Título, 1ª xornada: VICTORIA CF - INFANTIL A, o sábado 12 de xaneiro ás 12:15 na Leyma (A Coruña)

20ª xornada: SPORTING CAMBRE - INFANTIL B, o sábado 12 de xaneiro ás 9:45 no campo Dani Mallo (Cambre)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 57 puntos; 2. Ural CF B, 49 puntos...

Categoría alevín
11ª xornada, última: ALEVÍN A - ED LUIS CALVO SANZ A, o sábado 12 de xaneiro ás 11:30 na Torre (campo 2.2)
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Alevín A (xa campión), 28 puntos; 2. Ural CF A, 23 puntos...

8ª xornada: ALEVÍN B - SANTA MARÍA DEL MAR B, o sábado 12 de xaneiro ás 10:00 en Santa María del Mar
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Alevín B e Ural CF C, 19 puntos; 3. ED Luis Calvo Sanz C, 15 puntos...

Categoría benxamín
8ª xornada: BENXAMÍN A - SPORTING CORUÑÉS A, o sábado 12 de xaneiro ás 13:30 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A, 19 puntos; 2. CD Calasanz A, 18 puntos; 3. Victoria CF A e Sporting Coruñés A, 16 puntos...

8ª xornada: BENXAMÍN B - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF C, o sábado 12 de xaneiro ás 11:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B, 19 puntos; 2. ED Luis Calvo Sanz C, 18 puntos; 3. Ural CF C, 17 puntos...