RCD / NOVAS

Remontada de ouro na prolongación (2-1)

27/06/2020 19:15

O Deportivo logrou 3 puntos de ouro no seu camiño cara á permanencia en LaLiga SmartBank nun tempo engadido da segunda metade de auténtica tolemia, no que remontou o gol de Kaxe con tantos en propia meta de Pablo Trigueros e de Emre Çolak.

Fernando Vázquez, preparador branquiazul, realizou 4 cambios con respecto ao once inicial que presentou ante o Elche CF o pasado martes. Bóveda deixou o seu posto no lateral dereito a David Simón, Aketxe supliu ao sancionado Gaku Shibasaki na medular e na dianteira o técnico volveu cambiar a todos os seus elementos, saíndo do equipo Borja Valle e Sabin Merino para entrar no seu lugar Mollejo e Beauvue.

O primeiro cuarto de hora de xogo desenvolveuse con longas posesións por parte de ambos os equipos e varias chegadas deportivistas á área berciana, aínda que sen chegar a disparar a portería. O primeiro lanzamento, lonxano, frouxo e desviado, saíu pés de Ivi no minuto 19. Un minuto despois, Beauvue estrelou un balón solto na área pequena após centro de David Simón na perna esquerda de Fran Manzanara.

No minuto 21, Aketxe tentou sorprender a René cunha falta directa practicamente desde a liña de fondo. O porteiro visitante rexeitou o coiro como puido. Nesa mesma acción, Mollejo reclamou penalti por un lapote na cara de Ivi cando esperaba o centro de Aketxe. Cinco minutos despois, o propio Mollejo estivo a piques de abrir o marcador cunha cabezada en prancha a centro de David Simón. O esférico perdeuse moi preto do pau dereito do marco berciano.

A Ponferradina non volveu achegarse con perigo até o minuto 35, cando Dani Giménez detivo un disparo cruzado e raso de Pablo Valcarce co que concluíu un contragolpe conducido por Ivi. Pese ao claro dominio coruñés nos minutos finais do primeiro tempo, este concluíu sen goles.

A segunda metade arrancou cos mesmos protagonistas e cun novo lanzamento de Ivi, nun lonxano libre directo, que atrapou con seguridade Dani Giménez. Ao cuarto de hora, a Ponferradina adiantouse no marcador por medio de Kaxe. Dani Giménez rexeitou un disparo desde o bordo da área de Larrea e o dianteiro berciano adiantouse a 3 defensas branquiazuis para levar o balón ao fondo das mallas.

A reacción de Fernando Vázquez foi introducir un triplo cambio. Hugo Vallejo, Emre Çolak e Christian Santos saltaron ao céspede por David Simón, Luis Ruiz e Vicente Gómez. Deste xeito, Hugo Vallejo e Mollejo pasaron a ser os carrileiros, Emre Çolak a acompañar a Aketxe e Uche Agbo na zona ancha e Christian Santos a facer o propio con Beauvue na dianteira. O Deportivo foi incapaz de atopar fisuras na zaga visitante nos 20 seguintes minutos, polo que o técnico deportivista queimou todas as súas naves dando entrada a outro dianteiro, Borja Valle, polo único volante defensivo que quedaba no campo, Uche Agbo, aínda que o xogador berciano exerceu de mediocentro.

A pesar de todo, os branquiazuis tampouco foron capaces de trenzar unha soa acción de perigo antes de cumprirse o minuto 90. Con todo, nun córner xa en tempo engadido, o Deportivo logrou o empate. Aketxe botouno pechado e Pablo Trigueros, no seu intento de despexar a pelota, peiteouna cara atrás batendo a súa propia portería. Dani Giménez evitou o 1-2 noutro saque de esquina pouco despois pero, aínda por riba, cando ían cumprirse cumprise o tempo engadido marcado polo cuarto árbitro, Aketxe superou a Fullana no extremo esquerdo, percorreu a liña de fondo e soltou un centro chute que Pablo Trigueros deixou morto na área. Fran Manzanara non puido despexar a pelota desde o chan e Emre Çolak empalmou o balón superando un auténtico bosque de pernas.

Non houbo tempo para máis, co que o Deportivo sumou a súa segunda vitoria consecutiva e o seu quinto partido seguido sen perder, para alcanzar os 44 puntos, 6 por riba dos postos de descenso á espera de que se dispute o resto da xornada.

RC Deportivo: Dani Giménez, David Simón (Hugo Vallejo, min. 61), Mujaid, Álex Bergantiños, Montero, Luis Ruiz (Emre Çolak, min. 61), Uche Agbo (Borja Valle, min. 80), Vicente Gómez (Christian Santos, min. 61), Aketxe, Beauvue (Sabin Merino, min. 72) e Mollejo.

SD Ponferradina: René, Iván Rodríguez, Fran Manzanara, Pablo Trigueros, Luis Valcarce, Sielva, Larrea (Saúl Crespo, min. 72), Pablo Valcarce (Omar, min. 71), Nacho Gil (Javi Navarro, min. 79), Ivi (Fullana, min. 79) e Kaxe (Yuri, min. 67).

Goles: 0-1 Kaxe (min. 59); 1-1 Pablo Trigueros, en propia meta (min. 90+2); 2-1 Emre Çolak (min. 90+5).

Árbitro: Pulido Santana (c. canario). Cartón amarelo a David Simón (min. 38), Uche Agbo (min. 45+2), Montero (min. 58) e Iván Rodríguez (min. 65).

Incidencias: partido correspondente á 36ª xornada de LaLiga SmartBank disputado no Estadio ABANCA-RIAZOR a porta pechada debido á pandemia do Covid-19.

RCD / J36 LaLiga SmartBank

  • Dani Giménez
  • Álex Bergantiños
  • Luis Ruiz (60')
  • David Simón (61')
  • Mujaid Sadick
  • Francisco Montero
  • Uche (79')
  • Vicente Gómez (60')
  • Victor Mollejo
  • Beauvue (71')
  • Aketxe

Suplentes

  • Jorge Valín
  • Eneko Bóveda
  • Jovanović
  • Yago Gandoy
  • Borja Valle (80')
  • Salva Ruiz
  • Sabin Merino (72')
  • Emre Çolak (61')
  • Christian Santos (61')
  • Hugo Vallejo (62')
  • Koné
  • A. Ba
  • René
  • L. Valcarce
  • Iván Rodríguez
  • Fran Manzanara
  • Pablo Trigueros
  • P. Valcarce (71')
  • Pablo Larrea (71')
  • Ivi (78')
  • Oscar Sielva
  • Nacho Gil (78')
  • Álex Aizpuru (66')

Suplentes

  • Son
  • Asier Benito
  • Franco Russo
  • Maximiliano Villa
  • Noguera
  • Fullana (79')
  • Manu García
  • Javi Navarro (79')
  • Gianfranco Gazzaniga
  • Saúl Crespo (72')
  • Yuri (67')
  • Omar Ramos (72')

Estadio

Estadio ABANCA-RIAZOR

Goles

  • 0-1 (59'). Álex Aizpuru
  • 1-1 (92'). Pablo Trigueros (pp)
  • 2-1 (95'). Emre Çolak

Árbitro

Juan Luis Pulido Santana amoestou aDavid Simón (38'), Uche (47'), Francisco Montero (58'), Emre Çolak (95') do RC Deportivo y Iván Rodríguez (65') do SD Ponferradina.

RCD / Vídeo

RCD / Vídeo

Valora a #osnosos no #DéporPonferradina

AGER AKETXE
7,9
MUJAID
7,1
EMRE ÇOLAK
6,9
DAVID SIMÓN
6,9
UCHE AGBO
6,7
MOLLEJO
6,5
ÁLEX BERGANTIÑOS
6,5
EQUIPO TÉCNICO
6,4
DANI GIMÉNEZ
5,8
BORJA VALLE
5,7
HUGO VALLEJO
5,7
SABIN MERINO
5,6
MONTERO
5,5
CHRISTIAN SANTOS
5,4
EQUIPO ARBITRAL
5,3
VICENTE GÓMEZ
5,0
LUIS RUIZ
4,9
BEAUVUE
4,9
O periodo de votación finalizou o 30-06-2020 16:09.