Remontada do Infantil A ante o Victoria CF para lograr o pase á final da Liga Galega
O Infantil A, cos goles de Rubén e José Rey, logrou remontar na segunda parte o tanto inicial do Victoria CF (2-1) e clasificouse para disputar a gran final da Liga Galega.
O partido foi moi disputado e o equipo que prepara Nacho Lourido tivo que traballar de xeito abondo para tombar aos blanquinegros.
Infantil A: Anxo, Vergara, Sergio, Miguel, Samuel, Álvaro Vicos, Brian, André, José Rey, Jairo e Dani. Tamén xogaron: Rubén, Rodrigo e David.
O RC Celta, que eliminou na outra semifinal nos penaltis ao ED Val Miñor Nigrán (2-2 no partido e 1-3 nas penas máximas) será o rival do Infantil A na final galega deste domingo 27, en hora e campo por fixar a cargo da Federación.
Os resultados do Infantil A foron os seguintes:
Primeira fase, subgrupo B Atlético Coruña Montañeros CF 0 - Infantil A 6 (Murilo -2-, José Rey -2-, Daniel e Brian) Infantil A 3 (José Rey e Rubén -2-) - Ural CF 2 CD Calasanz 0 - Infantil A 3 (André, Daniel e Rubén) Infantil A 3 (Daniel, Miguel e Rubén) - Victoria CF 1 Infantil A 5 (Daniel, Rubén, André, Iván Barreiro e David) - Atlético Coruña Montañeros CF A 0 Ural Español CF 1 - Infantil A 1 (Daniel) Infantil A 8 (Daniel -2-, Brian -2-, Sergio e Rubén -3-) - CD Calasanz 1 Victoria CF 1 - Infantil A 4 (Daniel -2-, Brian e David)
Segunda fase, grupo norte A1 Infantil A 7 (André, Brian -2-, Rubén, David e Daniel -2-) - Victoria FC 0 San Tirso SD 1 - Infantil A 2 (Daniel e Íker Gil) Infantil A 7 (José Rey -3-, Rubén -2-, Daniel e Samuel) - CD Lugo 1
Semifinais Infantil A 2 (Rubén e José Rey) - Victoria CF 1