RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Remontada in extremis do Xuvenil A ante unha combativa RS Gimnástica

O Xuvenil A impúxose (3-2) en Abegondo á RS Gimnástica en partido correspondente á 22ª xornada na División de Honra.

Os cántabros saíron mellor ao partido e puxéronse por diante con 2 goles nos primeiros 18 minutos de partido.

Aos poucos o equipo de Manuel Pablo foise metendo no partido. Aos 26 minutos, Montero recorta diferenzas ao recoller na frontal da área un mal despexe da defensa da Gimnástica e bater de tiro raso ao meta Fer.

Seguiu apertando o Dépor e Garaboa tivo a última do primeiro tempo. O atacante branquiazul non puido precisar no segundo pau o seu remate após un balón centrado pola banda dereita que se paseou pola área visitante.

Tralo paso polos vestiarios acentúase a presión do Xuvenil A. De novo Montero, de chute colocado, obriga a intervir a Fer, quizais o futbolista máis destacado do seu equipo.

A Gimnástica puido marcar o terceiro e case sentenciar o choque nun man a man de Jorge contra o meta Lemos que desvía o porteiro deportivista nun alarde de reflexos.

Carlos e Seydiba tentárono desde fóra da área e en ambas as oportunidades respondeu ben o porteiro da Gimnástica.

A igualada do Xuvenil A chegaría na recta final, concretamente no minuto 88. Entre Noah e o defensa cántabro Cerro, ao saque dunha falta lateral, coan o balón polo recanto da portería de Fer.

E practicamente no último minuto do desconto, o árbitro decretou penalti por unha patada a Hugo na área que o internacional Kevin transformou no terceiro e definitivo gol.

Con este resultado, o Xuvenil A é 3º na táboa con 51 puntos, por detrás do RC Celta (2º con 55) e do Sporting de Gijón (líder con 56 puntos).

Xuvenil A: Lemos, Álvaro, Manu Berrocal, Evan, Seydiba, Carlos, Mardones, Hugo Baldomar, Kevin, Montero e Garaboa. Tamén xogaron: Noah, Carreira, Pedro, Hugo e Ogando.

A próxima fin de semana, o Xuvenil A visita ao Bansander.

Os resultados do Xuvenil A en liga até a data son os seguintes:

CD Lugo 1 - Xuvenil A 3 (Hugo Baldomar, Garaboa e Carlos)
Xuvenil A 1 (Kevin) - Atlético Perines 1
CD Marina Sport 1 - Xuvenil A 2 (Hugo e Kevin)
Xuvenil A 1 (Kevin) - Sporting de Gijón 1
SD Compostela 1 - Xuvenil A 7 (Kevin -4-, Hugo Baldomar, Martín Ochoa e Garaboa)
Xuvenil A 4 (Álex Delgado, Montero, Kevin e Ogando) - Arosa SC 1
RS Gimnástica de Torrelavega 0 - Xuvenil A 3 (Montero, Kevin e Ogando)
Xuvenil A 3 (Kevin, Vilela e Ogando) - Bansander 0
Real Oviedo 1 - Xuvenil A 2 (Seydiba e Kevin)
Xuvenil A 1 (Álex Delgado) - CD Covadonga 1
Coruxo FC 1 - Xuvenil A 2 (Noah e un futbolista rival en propia meta)
Xuvenil A 3 (Kevin -2- e Carreira) - Deportivo Roces 0
RC Celta 0 - Xuvenil A 1 (Hugo)
Xuvenil A 3 (Kevin, Álex Delgado e Ogando) - Real Racing Club 1
Ural Español CF 1 - Xuvenil A 2 (Kevin e Carreira)
Xuvenil A 1 (Mardones) - CD Lugo 1
Atlético Perines 0 - Xuvenil A 1 (Hugo)
Xuvenil A 2 (Hugo Baldomar e Álex Delgado) - CD Marina Sport 2
Sporting de Gijón 2 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 2 (Kevin e Seydiba) - SD Compostela 1
Arosa SC 2 - Xuvenil A 2 (Kevin -2-)
Xuvenil A 3 (Montero, Noah e Kevin) - RS Gimnástica de Torrelavega 2