RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Renova en liña ou faite socio amigo desde calquera lugar do mundo, como Noah desde New Jersey

Pechada ata o luns a Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio ABANCA-RIAZOR, como cada día, as 24 horas, de luns a domingo, é posible renovar o abono do Dépor ou darse de alta como Socio Amigo ou Nen@ Dépor comodamente desde casa e desde calquera lugar do mundo.

Como fixo Miguel Fontán o pasado xoves de madrugada (mañá en España) facendo Socio Nen@ Dépor desde New Jersey (EEUU) ao momento de nacer ao seu fillo Noah Alexandre Fontán Melo (abonado 26.819 do RC Deportivo). O Dépor quere dar a benvida á gran familia deportivista a Noah e a todos os Nen@s Dépor e novos socios que cada ano se suman á Xente Mariñeira.

Con Noah, e tras as altas e renovacións de hoxe, o Dépor conta con 5.773 socios

Do mesmo xeito que Miguel e Amanda, todos os socios que o desexen poden renovar ou darse de alta (isto último só nas modalidades de Socio Amigo ou Nen@ Dépor) comodamente desde o seu computador ou dispositivo móbil na páxina abonos.rcdeportivo.es ou por teléfono, mediante o servizo de ABANCA, no número 902 434 443.

De cara á terceira semana de campaña que se inicia o luns na Oficina de Atención ao Deportivista, lémbrase a todos os socios ou futuros abonados que, co fin de minimizar a súa espera, teñen á súa disposición o servizo de cita previa. A través da páxina citaprevia.rcdeportivo.es, calquera afeccionado pode asegurarse unha hora de atención para retirar o seu abono durante toda a campaña.

Para calquera dúbida ou problema, os afeccionados branquiazuis poden porse en contacto coa OAD en atencion.deportivista@rcdeportivo.es ou no teléfono 981 259 500 extensión 1.