RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Repóker goleador de Vero no novo triunfo do Feminino B

A dianteira deportivista Vero foi a gran protagonista do triunfo, o terceiro consecutivo, do Deportivo Feminino B (6-0 ao Xuventú Aguiño). A ariete branquiazul anotou 5 tantos. Laura completou o marcador. Con este resultado, o Deportivo Feminino B suma 13 puntos na décima posición da táboa da Primeira División Autonómica.

Deportivo Feminino B: Merchi, Laura, Pauli, Noe, Ainhoa, Cape, Karina, Raña, Marta, Natalia e Vero. Tamén xogaron: Malena, Lucía, Rouco e Ana.

O próximo fin de semana, o Deportivo Feminino B visita ao Umia.

Os resultados do conxunto deportivista en Primeira División Autonómica son os seguintes:

Alertanavia 0 - Deportivo Feminino B 0
Deportivo Feminino B 1 (Noe) - CCAR Valladares 2
Portonovo 2 - Deportivo Feminino B 1 (Raña)
Deportivo Feminino B 1 (Natalia) - Victoria B 1
Deportivo Feminino B 1 (Laura Doce) - Victoria FC 2
Sárdoma B 3 - Deportivo Feminino B 3 (Vero -3-)
Deportivo Feminino B 0 - UD Ourense 0
San Miguel 3 - Deportivo Feminino B 2 (Vero e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo Feminino B 1 (Vero) - O Val 2
Torre 1 - Deportivo Feminino B 2 (Ainhoa e Lucía)
Deportivo Feminino B 2 (Vero -2-) - Arcadia 1
Deportivo Feminino B 6 (Vero -5- e Laura) - Xuventú Aguiño 0