RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultado de #ANOSACANTEIRA 29 e 30 de abril

O Fabril, que cambiou de horario para o seu partido en Abegondo para evitar coincidir co Deportivo en Pamplona gañou ás 17:00 h. ao Castro en Abegondo (4-1), acariñando así o título ligueiro.

De conseguilo, será un máis para #ANOSACANTEIRA, que sumou dous novos títulos onte sábado 29 de abril. O Infantil A derrotou ao Racing de Ferrol (8-0) e, a falta aínda de catro partidos, proclamouse campión do grupo norte da liga Galega. Pola súa banda, o Benxamín A, a falta dunha xornada ligueira, é desde onte campión da Primeira Comarcal A Coruña tras derrotar ao Victoria A (9-1).

Con estes dous son sete os títulos para a canteira deportivista esta temporada, tras os logrados anteriormente polo Infantil B (Primeira División Autonómica, grupo 1), Alevín A (Primeira Comarcal A Coruña e grupo norte do Trofeo Luís Calvo de fútbol once), Alevín B (Segunda Comarcal A Coruña) e Benxamín B (Segunda Comarcal A Coruña).

Pola súa banda, Xuvenil B, Cadete A, Cadete B e Infantil A retornaron á competición tras o parón de Semana Santa, cun cuádruplo enfrontamento ante o Racing de Ferrol o sábado 29 de abril. Os dous primeiros (Xuvenil B e Cadete A) xogaron en Ferrol e os dous últimos (Cadete B e Infantil A) en Abegondo. O balance foi moi positivo, con tres vitorias e un empate.

Pola súa banda, o Xuvenil A celebrou esta semana dous partidos amigables para preparar a eliminatoria de oitavos de final da Copa do Rei ante Osasuna, cuxa ida se xogará o domingo 14 de maio en Abegondo e a volta, o 21 en campo osasunista.

Os resultados do fin de semana foron estes:

Terceira División
FABRIL 4 (Edu, Óscar, Álex Corredera e Jardel) - CASTRO 1

Categoría feminina
Primeira División Autonómica: DEPORTIVO ABANCA B 1 (Vero) - UMIA 0

Categoría xuvenil
Amigable, xogado o pasado xoves: XUVENIL A 1 (Aarón) - SILVA (Terceira División) 1
Amigable: XUVENIL A 2 (Ortuño e Sito) - LUGO A 0

Liga Nacional: RACING DE FERROL 0 - XUVENIL B 2 (Rivera -2-)

Categoría cadete
División de Honra: RACING DE FERROL 2 - CADETE A 2 (Mario e Raúl)

Liga Galega, grupo 1º: CADETE B 1 (Concheiro) - RACING DE FERROL 0

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º: INFANTIL A 8 (Fika, Jairo, Padín, Noel -3-, Nils e Trilli) - RACING DE FERROL 0

Primeira Autonómica, grupo 1º: INFANTIL B 11 (Hugo Baldomar -2-, Quique -2-, Trigo -2-, Álex -2- e Roque -3-) - VITORIA B 1

Categoría alevín
Xogado o pasado xoves: GALICIA CARANZA 0 - ALEVÍN A 9 (Meki -4-, Carballo -3-, Dani Ferrol e Domínguez)

Segunda Fase, grupo 1º: VITORIA C 0 - ALEVÍN B 4 (Zoe, Pablo -2- e Adrián)

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña: BENJAMÍN A 9 (Eli -3-, Erick -2-, Bruno, David, Jairo e Dani) - VICTORIA A 1

Copa AFAC, terceira xornada: BENJAMÍN B 3 (Nico e Eder -2-) - URAL C 0