RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados #anosacanteira na fin de semana

Un só partido xogouse esta fin de semana en #ANOSACANTEIRA, o do Fabril nas Pontes hoxe domingo 14 de febreiro.

O filial deportivista caeu (3-2) nun encontro no que os fallos atrás penalizaron aos pupilos de Juan Carlos Valerón.

Pola súa banda, o partido da 15ª xornada da División de Honra entre o CD Choco e o Xuvenil A, previsto para onte sábado 13 de febreiro en Redondela, foi aprazado por un caso de COVID-19 no conxunto pontevedrés.

O Xuíz de Competición da RFEF fixará agora unha nova data para a celebración do partido "o máis próxima no tempo".

Tiveron fin de semana de descanso o Deportivo ABANCA B e o Xuvenil B.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira División
Subgrupo A, 17ª xornada: CD AS PONTES 3 - FABRIL 2 (Barba e Guille Bueno)

Categoría xuvenil
División de Honra, subgrupo A, 15ª xornada: CD CHOCO - XUVENIL A, aprazado