RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Esta fin de semana xogaron en Abegondo o Fabril, que derrotou hoxe domingo ao Atlético de Madrid B (3-0); e Cadete B (derrota 1-3) e Infantil A (vitoria 2-1), ambos en dobre duelo co Atlético Coruña Montañeros.

O triunfo fabrilista chega xusto antes do derbi ante o Celta B da próxima fin de semana en Vigo, cos dous equipos situados en posicións de play off de ascenso a Segunda División.

Competiron lonxe de casa hoxe domingo o Deportivo ABANCA B (triunfo in extremis por 1-2 en Mos), o Xuvenil A (empate 3-3 en Santander) e Xuvenil B (vitoria 0-2 en Porriño); e onte sábado o Cadete A (0-1 en Pontevedra).

A xornada da fin de semana iniciouse o pasado venres no campo 4 de Abegondo co partido do grupo 1º da Primeira Autonómica entre o Infantil B e o Sporting Coruñés, pertencente á 14ª xornada. Houbo triunfo deportivista (8-3) nun vistoso encontro.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
15ª xornada: FABRIL 3 (Uxío e Ismael -2-) - ATLÉTICO DE MADRID B 0

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 11ª xornada: UD MOS 1 - DEPORTIVO ABANCA B 2 (Michelle e Mar)

Categoría xuvenil
División de Honra, 13ª xornada: ATLÉTICO PERINES 3 - XUVENIL A 3 (Manu, Porrúa e Boedo)

Liga Nacional, 12ª xornada: PORRIÑO INDUSTRIAL 0 - XUVENIL B 2 (Rojo -2-)

Categoría cadete
División de Honra, 12ª xornada: PONTEVEDRA 0 - CADETE A 1 (Juanma)

Liga Galega, grupo 1º, 12ª xornada: CADETE B 1 (Álex Espeso) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS 3

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º, 12ª xornada: INFANTIL A 2 (Roque e Iván Vázquez) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS 1

Primeira Autonómica, grupo 1º, 14ª xornada: INFANTIL B 8 (Eloy, Marco Baña, Barral, Álvaro, Pablo Seco, Adrián -2- e Trigo) - SPORTING CORUÑÉS 3

Categoría alevín
Primeira Comarcal A Coruña, grupo 1º, 6ª xornada: ALEVÍN A 12 (Guerrero -5-, Héctor -4-, Pablo -2- e Álvaro) - SPORTING BURGO A 1

Segunda, grupo 1º, 6ª xornada: ALEVÍN B 4 (Santana, Eli, Bruno e Dani) - SANTA MARÍA DEL MAR A 1

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, grupo 2º, 6ª xornada: BENXAMÍN A 10 (Nico -2-, Diego -3-, Leandro, Eder, Xabi, Anxo e Pablo) - BETANZOS 0

Segunda Comarcal A Coruña, 6ª xornada: TORRE C 1 - BENXAMÍN B 10 (Ioan -4-, Nico -2-, Caaveiro, Cristian, Uxío e Sergio)