RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Hoxe domingo dous partidos sobresaíron na xornada de #ANOSACANTEIRA.

O Dépor ABANCA B, líder da Primeira Nacional, dobregou en Abegondo (1-0) ao Real Oviedo B, 3º na táboa.

As deportivistas sacaron o choque adiante ante un dos rivais máis complicados a pesar de non poder contar contar con Noela, Paula Novo e Andrea Ansede por lesión; e Paula Monteagudo, citada polo primeiro equipo.

Ademais, o vestiario branquiazul celebra a nova convocatoria de Elena Vázquez coa selección española sub-17 para disputar un amigable ante Estonia o vindeiro mércores 8 de febreiro ás 11:00 na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid).

Con 15 anos e con ficha do Orzán SD Cadete de Liga Galega, Elena Vázquez foi titular esta tarde no equipo de Kevin Cabado.

O pasado día 12, a defensora branquiazul tamén tivo minutos de xogo no último partido amigable da sub-17 feminina, resolto con goleada española fronte a Alemaña (4-0).

Elena Vázquez concentrarase mañá luns 6 de febreiro co combinado nacional.

En Mareo, o Xuvenil A caeu co Sporting de Gijón (2-0) e queda na 3ª praza da clasificación na División de Honra, a 4 puntos do liderado, en mans precisamente dos xixoneses.

Completaron a xornada dominical o partido no Monte entre o San Tirso SD Infantil e o CD Areosa (1-3) e o da Grela 1 entre o Orzán SD Cadete B Feminino (3-0) e o Torre SD, co que se puxo o punto e final ao fin de semana en #ANOSACANTEIRA.

Onte sábado 4 de febreiro #ANOSAFORZA viviu un carrusel de partidos en Abegondo.

O choque destacado foi o do Fabril ante o CD Estradense, correspondente á 19ª xornada en Tercera RFEF.

Os pupilos de Óscar Gilsanz dobregaron ao CD Estradense (3-0) con goles de Martín Ochoa, Dani Barcia e Iván; co que afianzan o liderado.

Así mesmo, gañaron en Abegondo o Xuvenil B ante o ED Xuventude de Oroso (2-0) e o Cadete ante o CD Lérez (6-1); mentres que no Monte fíxoo no tramo final o San Tirso SD Cadete fronte ao ED Val Miñor (1-0), con tanto de Frank.

No equipo cadete deportivista, Pablo García Taboada estivo concentrado esta pasada semana coa selección española sub-15 con motivo dun dobre amigable ante Polonia, ambos no Estadio Guillermo Amor de Benidorm e resoltos con triunfo español: 3-0 o martes 31 e 4-1 o pasado xoves.

No primeiro deles o canteirán branquiazul foi titular e o xoves, no segundo dos partidos, saltou ao céspede no minuto 65.

Na Coruña, ademais dos partidos de alevíns e benxamíns na Torre, o Orzán SD Cadete Feminino venceu ao SCD Milagrosa (10-0).

Competiron con éxito lonxe de casa o Orzán SD Xuvenil Feminino en Noia (1-5); o Infantil en Pontevedra ante o EF Portero 2000 (0-6); e o Orzán SD Infantil Feminino en Oleiros ante o AD Cristo Rey (0-6).

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira RFEF
19ª xornada: FABRIL 3 (Martín Ochoa, Dani Barcia e Iván) - CD ESTRADENSE 0

Categoría feminina
Primeira Nacional, 18ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 1 (unha futbolista rival en propia meta) - REAL OVIEDO B 0

Primeira Autonómica, 19ª xornada: CF NOIA 1 - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO 5 (Laura Santos, Iria Otero -2-, Sara Cercido e Noe Gómez)

Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 15ª xornada: ORZÁN SD CADETE B FEMININO 3 (Dunia Dahmouni -3-) - TORRE SD 0

Liga Galega cadete, subgrupo A, 15ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMININO 10 (Sofía Paz -3-, Sofía Rodríguez -3-, Mica Baratelli, Ánxela Prado, Valeria Montero e Candela Fernández) - SCD MILAGROSA 0

Liga Galega infantil, subgrupo A, 13ª xornada: AD CRISTO REY 0 - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 6 (Martina Vázquez, Uxía Fariña, Marta Moreno -3- e Sarai Brenda)

Categoría xuvenil
División de Honra, 19ª xornada: SPORTING DE GIJÓN 2 - XUVENIL A 0

Liga Nacional, 19ª xornada: XUVENIL B 2 (Domínguez e Adrián) - ED XUVENTUDE DE OROSO 0

Categoría cadete
División de Honra, 21ª xornada: CADETE 6 (Rubén, Samuel, Dani, José Rey, Pablo Pereda e Lucas) - AJ LÉREZ 1

División de Honra, 21ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 1 (Frank) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 0

Categoría infantil
División de Honra, 18ª xornada: EF PORTERO '2000' 0 - INFANTIL 6 (Iago Vázquez, Nico -2-, Mauro e Iker Rozada -2-)

División de Honra, 18ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Roi) - CD AREOSA 3

Categoría alevín
Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º, 11ª xornada: ALEVÍN A 11 (Hugo Caridad -4-, Javi Barral -3-, Daniel Alonso, Yael López, Mateo Varela e David Ramos) - OZA JUVENIL SD 0

Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 2º, 11ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 7 (Álvaro Gómez -3-, David Gómez -3- e Hugo Pousa) - SANTA CRUZ CF 0

Categoría benxamín
Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º, 11ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 0 - BENXAMÍN A 6 (Miguel Candal -3-, Alejandro Astray, Mateo Carballeira e Hugo Quintela)

Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º, 11ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 0 - CD CALASANZ 4