RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Fin de semana de fútbol na Cidade Deportiva de Abegondo, cun partido onte sábado (triunfo 7-0 do Infantil A) e outros 4 hoxe domingo 16 de setembro: Fabril (1-2), Deportivo ABANCA B (2-0), Xuvenil A (3-1) e Infantil B (5-1)

O partido estrela foi sen dúbida a visita da Ponferradina ao Fabril. Os bercianos foron máis efectivos que o filial e, nun partido igualado, levaron os 3 puntos en dúas accións puntuais.

Lonxe da Cidade Deportiva, onte sábado o Xuvenil B caeu (2-1) en Porriño e o Cadete A venceu en Vigo (1-2) ao Coruxo.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
4ª xornada: FABRIL 1 (May)  - PONFERRADINA 2

Categoría feminina
Primeira Autonómica, 2ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 2 (Michelle Clemente e Sara Piñeiro) - UMIA CF 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 3ª xornada: XUVENIL A 3 (Israel, Álex e Kilian) - URAL 1

Liga Nacional, 2ª xornada: PORRIÑO INDUSTRIAL 2 - XUVENIL B 1 (Fito)

Categoría cadete
División de Honra, 2ª xornada: CORUXO 1 - CADETE A 2 (Yago e Axel)

Liga Galega, grupo norte, 2º xornada, xogado o pasado mércores: CADETE B 6 (Mauro -2-, Trigo -3- e Nils) - MILAGROSA 1

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 2ª xornada: INFANTIL A 7 (Martín -2-, Marco Baña -2-, Mella, Marcote e Rubén) - ATLÉTICO RIBEIRA 0

Primeira Autonómica, grupo 1º, 3ª xornada: INFANTIL B 5 (Mardones, Martín, Hodei, Rubén e un futbolista rival en propia meta) - SPORTING CAMBRE 1