RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

- Foto: Jarcha Burgos CF -

O calendario de partidos da fin de semana en #ANOSACANTEIRA veu marcado por un cuádruplo enfrontamento onte sábado 22 co CD Lugo na liga Nacional xuvenil, División de Honra cadete, Liga Galega cadete e Liga Galega infantil.

Destes 4 partidos, todos saldados con triunfo deportivista, 2 foron en Abegondo: Xuvenil B (2-0) e Cadete A (4-0); e os outros 2 no Municipal Rodríguez Lago en Lugo: Cadete B (0-1) e Infantil A (1-2).

En Segunda División B, o Fabril visitou ao Burgos, o seu antecesor na clasificación. O filial non puido estrear a súa marcadora de vitorias ao caer (2-1) no Plantío grazas sobre todo a un arreón local após o descanso.

Tamén xogaron lonxe de Abegondo, hoxe domingo: Deportivo ABANCA B (0-4 en Arcade) e Xuvenil A (1-0 en Colindres); e onte sábado o Infantil B (0-5 na Coruña).

O único amigable desta semana foi o do Benxamín B, que onte sábado derrotou en Abegondo (7-1) ao Santa Cruz.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
5ª xornada: BURGOS 2 - FABRIL 1 (Raúl González)

Categoría feminina
Primeira Autonómica, 3ª xornada: ARCADIA EF 0 - DEPORTIVO ABANCA B 4 (Lucía, Sofía, María Calvo e Alba Suárez)

Categoría xuvenil
División de Honra, 4ª xornada: CD COLINDRES 1 - XUVENIL A 0

Liga Nacional, 3ª xornada: XUVENIL B 2 (Juanma e Luque) - LUGO B 0

Categoría cadete
División de Honra, 3ª xornada: CADETE A 4 (Axel, Padín, Hugo Sánchez e un futbolista rival en propia meta) - LUGO 0

Liga Galega, grupo norte, 3ª xornada: LUGO B 0 - CADETE B 1 (Adrián Lombao)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 3ª xornada: LUGO 1 - INFANTIL A 2 (Martín e Martiño)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 4ª xornada: VICTORIA B 0 - INFANTIL B 5 (Martín, Carlos, Jorge, David e Murilo)

Categoría benjamín
Amigable: BENXAMÍN B 7 (Iago José -2-, Iago Lameiro -2-, Rodri, Raúl e Pablo Vara) - SANTA CRUZ 1