RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Na xornada da fin de semana en #ANOSACANTEIRA sobresaíu un partido por encima do resto, o derbi ante o Celta B na liga Nacional xuvenil. Foi en Abegondo hoxe domingo 7 de outubro e saldouse con triunfo deportivista (2-1).

Foi o único partido de categorías inferiores na Cidade Deportiva, posto que o outro derbi desta xornada, o do Cadete A en a División de Honra, foi aprazado, a petición do conxunto céltico, ao xoves 11 de outubro ás 19:30 horas en Abegondo.

Por conseguinte, xogaron fóra de casa o resto de equipos branquiazuis que están en competición.

Hoxe domingo fixérono o Fabril en Guijuelo (1-0) e o Deportivo ABANCA B en Villestro (0-5). E onte sábado competiron o Xuvenil A en Friol (2-0); o Cadete B e Infantil A en Carballo (1-2 e 1-7 respectivamente); e o Infantil B en Iñás ante o Atlético San Pedro (1-8).

Os resultados foron os seguintes:

Segunda División B
7ª xornada: GUIJUELO 1 - FABRIL 0

Categoría feminina
Primeira Autonómica, 5ª xornada: SD VILLESTRO 0 - DEPORTIVO ABANCA B 5 (Michelle Clemente -2-, Alba Suárez, Carlota e Patri López)

Categoría xuvenil
División de Honra, 6ª xornada: CD LUGO 2 - XUVENIL A 0

Liga Nacional, 5ª xornada: XUVENIL B 2 (Luque e Víctor) - CELTA B 1

Categoría cadete
División de Honra, 5ª xornada: CADETE A - CELTA A, o xoves 11 de outubro ás 19:30 en Abegondo

Liga Galega, grupo norte, 5ª xornada: BERGANTIÑOS B 1 - CADETE B 2 (Suárez e Trigo)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 5ª xornada: BERGANTIÑOS A 1 - INFANTIL A 7 (Mella, Manu, Gabri -2-, Domínguez -2- e Martiño)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 6ª xornada: ATLÉTICO SAN PEDRO 1 - INFANTIL B 8 (Hodei -3-, Óscar, Álex, Dani, Jairo e un futbolista rival en propia meta)