RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

O debut de Sergio Pellicer no banco do Fabril e o derbi galego do Xuvenil A ante o Celta foron as dúas citas destacadas da fin de semana en #ANOSACANTEIRA, ambas hoxe domingo.

O filial deportivista caeu (1-0) ante o Coruxo FC no campo do Vao. Decidiu un tanto do futbolista local Juampa no minuto 62. Antes, na primeira metade, Víctor tivo nas súas botas o 0-1 que cambiase o rumbo do partido.

Pola súa banda, o Xuvenil A tamén caeu (1-2) ante o Celta A, líder da División de Honra. O encontro disputouse no campo principal de Abegondo.

Onte sábado houbo ademais outro tres partidos na Cidade Deportiva, saldados cun empate, o do Cadete B co EF Lalín (1-1); e dous triunfos: o Infantil B á Ciudad Jardín (16-0) e o Deportivo ABANCA B ao SCD Milagrosa (8-0).

Xogaron lonxe de Abegondo onte sábado o Xuvenil B (2-1 en Elviña) e Cadete A (0-1 na Grela 1), en ambos os casos ante o Victoria CF.

Un total de 3 partidos de liga en #ANOSACANTEIRA adiantáronse á xornada da fin de semana. Nos 3 houbo triunfo deportivista: Benxamín A e Infantil A ao San Tirso SD (0-8 e 7-1 respectivamente; e Alevín B ao Atlético Coruña Montañeros CF C (8-1).

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
10ª xornada: CORUXO FC 1 - FABRIL 0

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 8ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 8 (Lucía -3-, Antía -2-, María Calvo, Carlota e Rivas) - SCD MILAGROSA 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 9ª xornada: XUVENIL A 1 (César) - CELTA A 2

Liga Nacional, 8ª xornada: VICTORIA CF 2 - XUVENIL B 1 (Mario)

Categoría cadete
División de Honra, 8ª xornada: VICTORIA CF 0 - CADETE A 1 (Padín)

Amigable, xogado o pasado mércores: CADETE B 2 (Hugo Baldomar e Jacobo) - IMPERÁTOR OAR A 0
Liga Galega, grupo norte, 8ª xornada: CADETE B 1 (Matos) - EF LALÍN 1

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 8ª xornada: INFANTIL A 7 (Martín -2-, Yago, Marcote, Mella -2- e Martiño) - SAN TIRSO SD 1

Primeira Autonómica, grupo 1º, 9ª xornada: INFANTIL B 16 (Óscar -2-, Martín -5-, Meki, Carballo -2-, Rubén -2-, Jorge, Murilo, Dani e un futbolista rival en propia meta) - CD CIUDAD JARDÍN 0

Categoría alevín
Primeira Comarcal A Coruña, 3 ª xornada: ALEVÍN A 5 (David -2-, Xenxo, Bruno e Álex) - IMPERÁTOR OAR A 0

Segunda Comarcal A Coruña, 2ª xornada: ALEVÍN B 8 (Xabi -2-, Balbas -2-, Leandro -2-, Íker e Rilo) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF C 1

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, 2ª xornada: SD SAN TIRSO A 0 - BENXAMÍN A 8 (Ioan -3-, Pablo -2-, Paulo, Íker e Mauro)

Segunda Comarcal A Coruña, 2ª xornada: OZA JUVENIL SD B 1 - BENXAMÍN B 8 (Rodrigo -2-, Yago -2-, Hugo, José, Javi e Raúl)