RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

O partido destacado da xornada ligueira en #ANOSACANTEIRA foi o choque do Fabril ante un rival directo, o Rápido de Bouzas, hoxe domingo 4 de novembro en Abegondo.

O filial, despois de 4 derrotas consecutivas, buscaba os 3 puntos para cambiar a dinámica do equipo. E conseguiuno cun triunfo (2-1), grazas aos goles de Uxío e Gandoy.

Quedou tamén para hoxe domingo a visita do Deportivo ABANCA B, líder da Primeira Autonómica Feminina, ao Victoria CF B de Santiago, terceiro clasificado a 4 puntos de diferenza.

O resultado (1-4) demostra que as deportivistas son serias aspirantes ao título ligueiro.

En Abegondo xogou o Cadete B (5-0 ao Ural CF B). Con este resultado, o cadro deportivista instálase no grupo de favoritos.

Onte sábado 3 de novembro tiveron cita ligueira 6 equipos de #ANOSACANTEIRA.

Deles, 2 xogaron na Cidade Deportiva: Infantil A (5-0) e Infantil B (2-1). 

Competiron como visitantes os restantes 4 equipos: o Xuvenil A en Xixón (0-3 fronte ao Roces); o Xuvenil B en Vigo (1-3 ante o CVC Valladares); o Cadete A en Nigrán (3-3 fronte ao ED Val Miñor Nigrán); e o Alevín A en Santa María del Mar (2-4).

Esta semana tocou descanso para Alevín B, Benxamín A e Benxamín B.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
11ª xornada: FABRIL 2 (Uxío e Gandoy) - RÁPIDO DE BOUZAS 1

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 9ª xornada: VICTORIA FC B 1 - DEPORTIVO ABANCA B 4 (Alba Suárez -2-, Sara Piñeiro e Alba Martínez)

Categoría xuvenil
División de Honra, 10ª xornada: ROCES 0 - XUVENIL A 3 (Kilian -2- e Litos)

Liga Nacional, 9ª xornada: CVC VALLADARES 1 - XUVENIL B 3 (Luque, Pol e Novoa)

Categoría cadete
División de Honra, 9ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN 3 - CADETE A 3 (Noel, Padín e Jairo)

Liga Galega, grupo norte, 9ª xornada: CADETE B 5 (Xosé, Jacobo -2-, Suárez e un futbolista rival en propia meta) - URAL CF B 0

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 9ª xornada: INFANTIL A 5 (Domínguez, Gabri, Noah, Mella e Martín) - URAL CF 0

Primeira Autonómica, grupo 1º, 11ª xornada: INFANTIL B 2 (Miguel -2-) - ORILLAMAR SD 1

Categoría alevín
Primeira Comarcal A Coruña, 4ª xornada: SANTA MARÍA DEL MAR A 2 - ALEVÍN A 4 (Jairo, Cristian, Eli e Rubén)