RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
DÉPOR ABANCA B

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Catro partidos de #ANOSACANTEIRA xogáronse hoxe domingo 11 de novembro.

O Fabril visitou esta tarde ao Pontevedra CF. O filial retomou o pulso á liga cun merecido triunfo a pasada fin de semana ante o Rápido de Bouzas. Os granates, sen abafos clasificatorios, perseguían o triunfo para levantarse á zona nobre.

Ao final houbo táboas  en Pasarón (2-2), resultado que deixa un sabor agridoce no Fabril, que se foi ao descanso con vantaxe no marcador por 0-2.

Hoxe tamén xogaron o Deportivo ABANCA B (12-0) e Cadete A (1-3) en Abegondo; e en San Tirso (3-6) o Infantil B.

Onte sábado disputouse o resto de partidos con representación deportivista, un total de 8.

Deles, só un foi en Abegondo, o do Xuvenil B ante o CD Calasanz (1-3).

Competiron lonxe da Cidade Deportiva o Xuvenil A (1-1 en Cangas); Cadete B (2-0 en Bertamiráns); e no partido estrela, o Infantil A en Bertamiráns FC (0-3). Con este marcador, o cadro deportivista é líder en solitario do grupo norte da liga Galega.

Tamén volveron á competición os alevíns e benxamíns, con triplo enfrontamento en La Torre ante o Ural CF. O balance dos 4 equipos foi de 1 vitoria e 3 empates.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
12ª xornada: PONTEVEDRA CF 2 - FABRIL 2 (Montiel e Villares)

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 10ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 12 (Patri López -4-, Lucía -2-, Alba Suárez -2-, Rivas, Sara Piñeiro, Alba Martínez e Lara) - CF DEPORTIVO ORZÁN 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 11ª xornada: ALONDRAS CF 1 - XUVENIL A 1 (Armas)

Liga Nacional, 10ª xornada: XUVENIL B 1 (Portas) - CD CALASANZ 3

Categoría cadete
División de Honra, 10ª xornada: CADETE A 1 (Dani Barcia) - CD CALASANZ 3

Liga Galega, grupo norte, 10ª xornada: BERTAMIRÁNS FC 2 - CADETE B 0

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 10ª xornada: BERTAMIRÁNS FC 0 - INFANTIL A 3 (Noah, Manu e Carlos)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 12ª xornada: SAN TIRSO SD B 3 - INFANTIL B 6 (Diego -2-, Martín -2-, Marco Baña e un futbolista rival en propia meta)

Categoría alevín
Primeira Comarcal A Coruña, 5ª xornada: ALEVÍN A 2 (Carlos e Dani) - VICTORIA CF A 2

3ª xornada: URAL CF C 2 - ALEVÍN B 2 (Rubén e Nico)

Categoría benxamín
3ª xornada: BENXAMÍN A 7 (Paulo -2-, Íker, Joaquín, Trigo, Nico e Pablo) - URAL CF A 1

3ª xornada: BENXAMÍN B 2 (Iago Lameiro e Javi) - URAL CF C 2