RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

A Cidade Deportiva de Abegondo foi escenario hoxe domingo 4 de febreiro de tres bos partidos.

En Segunda División B, o Fabril recibiu ao Rayo Majadahonda, coa segunda praza en xogo. Un gol de Edu aos 3 minutos valeu 3 valiosos puntos para o filial, máis preto do líder Fuenlabrada, que hoxe caeu (3-1) en Pontevedra.

Dúas horas máis tarde, o Xuvenil A defendeu con éxito (3-0) o liderado da División de Honra ante o Pontevedra. O día arrincou co empate (3-3) entre Cadete B e Lugo B.

Tamén competiron en casa o Deportivo ABANCA B (3-2 ao Umia) e Infantil B (8-0 ao Calasanz B); e fóra o Xuvenil B (1-1 en Vilagarcía ante o Arousa), Cadete A (0-1 tamén en Vilagarcía) e Infantil A (0-4 en Ourense).

A xornada iniciouse o pasado xoves 1 de febreiro, co encontro entre o Benxamín A e o San Tirso A, da Segunda Fase da Primeira Comarcal. O partido foi do equipo branquiazul (6-0), que consolida así o seu liderado no grupo.

O venres 2 de febreiro houbo outros dous encontros. Así, o Alevín A arrincou con triunfo (5-1) o Trofeo Luís Calvo de fútbol once, no grupo norte. O seu primeiro rival, en Abegondo, foi o Ural A. O formato de competición será de liga a unha soa volta. No mes de maio, o campión xogará no campo das Eiroas de Carballo a final contra o campión do grupo sur. E o Benxamín B gañou (1-5) á Santa Cruz B, en partido da 14ª xornada na Segunda Comarcal A Coruña.

Os resultados foron os seguintes:

Segunda División B

24ª xornada: FABRIL 1 (Edu) - RAYO MAJADAHONDA 0

Categoría feminina

Primeira Autonómica Feminina, 19ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 3 (Vero, Carlota e Ari) - UMIA 2

Categoría xuvenil

División de Honra, 22ª xornada: XUVENIL A 3 (Antón,  Pedro e Boedo) - PONTEVEDRA 0

Liga Nacional, 21ª xornada: AROUSA 1 - XUVENIL B 1 (Rojo)

Categoría cadete

División de Honra, 21ª xornada: ED AROUSA SD 0 - CADETE A 1 (Roque)

Liga Galega, grupo 1º, 21ª xornada: CADETE B 3 (Hugo -2- e Rares) - LUGO B 3

Categoría infantil

Fase polo Título Galego, 4ª xornada: OURENSE 0 - INFANTIL A 4 (Iván, Roque, Sergio e Quique)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 23ª xornada: INFANTIL B 8 (Barral -2-, Pablo -2-, Guerrero -2-, Trigo e Zerfu) - CALASANZ B 0

Categoría alevín

Trofeo Conservas Calvo de fútbol once, 1ª xornada: ALEVÍN A 5 (Dani, Ayana, Pablo, Óscar e David) - URAL A 1

Segunda Fase, grupo 1º, 3ª xornada: ALEVÍN B 7 (Dani -2-, Eli -2-, Bruno, Álex e Erick) - ADC OBRADOIRO 2

Categoría benxamín

Segunda Fase da Primeira Comarcal, 5ª xornada: BENXAMÍN A 6 (Eder -4-, Xabi e Anxo) - SAN TIRSO A 0

Segunda Comarcal A Coruña, 14ª xornada: SANTA CRUZ B 1 - BENXAMÍN B 5 (Ioan, Ronquete, Nico, Mauro e Paulo)