RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Nesta fin de semana de partidos oficiais en #ANOSACANTEIRA, soamente 3 deles foron en Abegondo: onte sábado 24 o Xuvenil B (6-1) e Cadete A (5-1); e hoxe domingo 25, o Deportivo ABANCA B (6-0).

Competiron lonxe da Cidade Deportiva os demais equipos da canteira branquiazul.

O sábado xogaron o Xuvenil A (2-2 en Ferrol); Infantil A (1-12 na Coruña); Infantil B (1-3 en Ordes); os dous equipos alevíns; e o Benxamín A.

O encontro do Benxamín B que se tiña que disputar onte sábado pola tarde en La Torre, foi suspendido debido á tromba de auga que caeu sobre A Coruña.

Destacou a visita do Alevín B, segundo clasificado da Segunda Comarcal A Coruña con 10 puntos, ao líder do grupo, o ED Luis Calvo Sanz C, que tiña 12 puntos. Ao final o triunfo foi xusto para o Dépor B (0-2), que recupera o liderado do grupo agora con 1 punto de vantaxe sobre os locais.

Para hoxe domingo 25 quedou o Fabril. Despois de dous empates consecutivos, esta vez foi superado por outro filial tamén da zona baixa, o Atlético de Madrid B (3-0).

Hoxe domingo si gañou o Cadete B (0-4 en San Tirso), en partido correspondente ao grupo norte da liga Galega.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
14ª xornada: ATLÉTICO DE MADRID B 3 - FABRIL 0

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 12ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 6 (Michelle Clemente, Sara, Antía, Carlota, Alba Martínez e Alba Suárez) - SCD PASTORIZA 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 13ª xornada: RACING DE FERROL 2 - XUVENIL A 2 (Juan e Armas)

Liga Nacional, 12ª xornada: XUVENIL B 6 (Añón, Mario, Juanma -3- e Luque) - CD LÉREZ 1

Categoría cadete
División de Honra, 12ª xornada: CADETE A 5 (Iago, Nils, Noel -2- e un futbolista rival en propia meta) - PONTEVEDRA CF 1

Liga Galega, grupo norte, 12ª xornada: SAN TIRSO SD B 0 - CADETE B 4 (Trigo -2-, Hugo Suárez e Matos)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 12ª xornada: IMPERÁTOR OAR 1 - INFANTIL A 12 (Álvaro, Domínguez -5-, Marcote, Mella -3-, Marco Baña e Gabriel)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 14ª xornada: ORDES SD 1 - INFANTIL B 3 (Martín -3-)

Categoría alevín
Primeira Comarcal A Coruña, 7ª xornada: ALEVÍN A 3 (Dani, Vergara e Rubén) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF A 1

Segunda Comarcal A Coruña, 5ª xornada: ED LUÍS CALVO SANZ C 0 - ALEVÍN B 2 (Anxo e Janusz)

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, 5ª xornada: BENXAMÍN A 9 (Íker -6-, Nico, Paulo e Yago Trigo) - ED LUÍS CALVO SANZ A 0

Segunda Comarcal A Coruña, 5ª xornada: BENXAMÍN B - CLUB XESUITINAS B (suspendido)